“A CLAVE DO ÉXITO DE PÚBLICO É UNHA PROGRAMACIÓN RIGOROSA PERO NON DEMASIADO ACADÉMICA”

Nos últimos oito anos que leva en pé, Play-Doc conseguiu medrar, madurar, e sobre todo establecer un modelo de festival algo distinto ao dominante. Modelo baseado nunha escala modesta, na escaseza de contidos máis que nas programacións mastodónticas, e cun forte compoñente festivo, de celebración cinematográfica. Un modelo que atraeu a autores da talla de Pelechian, McElwee ou Rosenblatt, e que abre todas as primaveras unha pequena xanela para o documental na fronteira... Ler máis

PLAY-DOC 2012

CONSOLIDACIÓN DUNHA FORMA A pesares das súas indiscutíbeis virtudes, e da extraordinaria sensación que deixa o ambiente de celebración que se vive sempre en terras tudenses por estas datas, as anteriores edicións do Play-Doc sempre me acababan deixando unha certa insatisfacción. Algo que tiña que ver cunha programación que tendía a dar unha de cal e outra de area, e a quedar un chanzo por debaixo do que prometían os seus momentos máis inspirados. Por fin, este ano... Ler máis