A virxe roxa, de Marcos Nine

Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. A virxe roxa, de Marcos Nine, narra a historia de Aurora Rodríguez Carballeira, nacida en Ferrol a finais do século XIX. Ao medrar, Aurora comezou a interesarse polas sociedades utópicas, e incluso tratou de crear unha. Dedicou todas as súas enerxías a criar á súa filla Hildegart (cuxo pai era un cura que nunca reclamou a súa paternidade), á que vía como o prototipo da “nova muller”. Aos 14 anos, Hildegart falaba... Ler máis

A VIAXE DE LESLIE, de Marcos Nine

Todo herculino coñece esta historia: o actor británico Leslie Howard viaxaba en avión de Lisboa a Bristol, aló por 1943, cando foi abatido por cazas alemáns. Os restos do accidente descansan nalgún lugar da costa coruñesa de Cedeira, onde unha placa conmemora o suceso (ou o que nos contaron del). Por moito que un faga unha importante investigación xornalística ou histórica sobre as causas deste ataque, non poderá atopar a verdadeira razón pola que os nazis derrubaron... Ler máis