A carón dos mortos: Un posible achegamento a Arima
Todas as personaxes de Arima (Jaione Camborda, 2019) andan á procura de algo. Camborda amósanos a faciana dunha vila pequena preto da montaña; os tellados, o ambiente húmido. Un berro racha coa melodía da escena: “Olivia!”. Unha nai, Elena, chama pola súa filla, que se perdeu. É Julia quen dá con Olivia, e xuntas agardan a que chegue a nai. Julia andaba a vagar pola vila e, despois do encontro, continúa o seu camiño ata que decide entrar nunha casa abandonada.... Ler máis
A PORTUGUESA, de Rita Azevedo Gomes
Cando se espera moito tempo… «Esperara durante once anos ao seu esposo, durante once anos el fora amante da fama e da fantasía, agora percorría a casa e o patio e semellaba, raído pola enfermidade, moi ordinario en comparación aos mozos e os bos modais da corte. Ela non se detiña a pensar demasiado nisto, pero cansouse un pouco da vida nese país, que lle prometía o indicible.» A premisa de A portuguesa é sinxela, unha historia de espera; as palabras, de Musil. De... Ler máis
VÍCTOR MORENO: “GUSTÁBAME A IDEA DE ABRIR CON FORZA O CORPO DA CIDADE E ATOPAR NO SEU INTERIOR A ALMA”
Víctor Moreno (Tenerife, 1981) é máis coñecido por ser o responsable de Edificio España (2012) documental que o banco Santander intentou censurar. O seu cinema explora espacios urbanos coa capacidade analítica dun bo observador. A súa ollada desestrutura os espazos e ás persoas, conseguindo filmar imaxes que permanecen ocultas para o ollo no día a día. Víctor presentou, dentro da Sección Oficial do Festival de Sevilla, o seu novo filme La ciudad oculta (2018), unha... Ler máis
A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns
De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2016: A VOLTAS COA IDENTIDADE
Fotografía: Curtocircuito Atopar a identidade non é sempre un proceso de diferenciación. Moitas veces trátase de aprender a convivir coa nosa verdadeira personalidade, descoñecida ou ocultada para non caer baixo o xuízo dunha moral caduca. Outras, a identidade é o conxunto dun traballo social onde cada persoa aporta un grao de area. Mais a identidade tamén pode ser o paso final dun proceso de creación; o resultado dunha imaxe que se leva artellando paso a paso durante... Ler máis