O mellor de 2020
Sendo fieis o espírito de todos os decembros, A Cuarta Parede volve a preguntarlle ás súas colaboradoras sobre o balance do ano. Porén, neste ano tan estraño decidimos pasar das típicas listaxes do “mellor” para preguntarlles que tal foi o ano para elas en termos de cultura. Non importa se viron dez ou tan só un filme estreado en 2020, se pasaron os días refuxiadas nas series ou se estiveron vendo as rúas baleiras desde a súa xanela. Este ano impórtannos... Ler máis
SEFF 2019 (I): AUTOFICCIÓNS E PANTASMAS
The Souvenir (Joanna Hogg) A retrospectiva dedicada polo Festival de Sevilla á británica Joanna Hogg deu o seu pistoletazo de saída coa estrea en España da súa cuarta longametraxe, o mesmo que este ano lle está a brindar unha repercusión internacional superior á obtida ata agora coa súa obra previa. Tal decisión de programación, comezar polo fin, resultaba lóxica por moitas razóns obvias, pero o certo é que ademais este filme entraña unha visión directa sobre si... Ler máis
PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’
Arquivo. Viaxe. Familia. O arquivo das viaxes familiares. As viaxes do arquivo familiar. A familia de viaxe no arquivo. Os arquivos das familias viaxeiras. As viaxes familiares a través do arquivo. Tres conceptos, múltiples combinacións: imaxes e ideas que saltan dun filme a outro nunha fervenza de luz, como unha desas cachoeiras hipnóticas que tanto filmaba o protagonista do título gañador da competición do Play-Doc 2019: Humberto Mauro (André di Mauro, 2018), un filme... Ler máis
PLAY-DOC 2015: ESPAZOS FALADOS E PAREDES INVISÍBEIS
Dúas tendencias aparecen na última edición do Festival Play-Doc como síntomas dun escenario cambiante. Onde o ano pasado atopábamos filmes marcados por un forte compoñente contemplativo –Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Manakamana (Stephanie Spray & Pacho Vélez, 2013) ou mesmo Szapito (Bodgan Dziworski, 1984)– nesta edición xorden pola contra dúas tendencias diferentes como constantes: a voz como unidade espacial e o derrube sistemático da cuarta parede.... Ler máis
GUY MADDIN: MÍMESE E AUTOFICCIÓN
Un ollo ben aberto mira fixamente ao espectador: é o ollo fendido de Un chien andalou (Luis Buñuel, 1929), o ollo da cámara en Человек с киноаппаратом (Dziga Vertov, 1929), o ollo morto que abría Vertigo (Alfred Hitchcock, 1958) ou o ollo conxelado -e a punto tamén de morrer- que pechaba Vai~E~Vem (João César Monteiro, 2003). Se hai unha imaxe que se repite regularmente ao longo do cinema moderno, sen dúbida é esta: a ollada agredida, exaltada, hiperconsciente,... Ler máis