ÁLVARO LARRIBA: “O QUE QUERÍA EN PRINCIPIO ERA ENSINAR O QUE HABÍA DETRÁS DO LICEO, QUE SON AS PERSOAS”
Creo que Mutantes (2017), o primeiro filme de Álvaro Larriba, é unha película importante polo que documenta e por como o fai. É certo que eu tampouco son obxectivo: emocióname ver unha película que rexistra o traballo do Liceo Mutante porque é probablemente o meu lugar favorito do mundo e sempre que vou volvo cheo de felicidade, inspiración e fe na humanidade. Toquei alí, durmín alí, debo estar entre o público nalgún dos concertos que aparecen na película e vexo... Ler máis
Procesos #5 – CSO Palavea
AS ATOCHAS, BREVE HISTORIA DO PROXECTO QUE NUNCA REMATA O Centro Social Okupado da Casa das Atochas foi fillo dun grupo moi heteroxéneo de persoas, unidos por intereses comúns. Fronte a eles, estaba o problema da vivenda, a falta de lugares de reunión para a cidadanía, e as políticas urbanísticas baseadas só no enriquecemento, nunca cidade como A Coruña, onde existen 20.000 casas baleiras mentres hai xente a durmir nos caixeiros. Todos eles desexaban ofrecer unha alternativa... Ler máis
VIKINGLAND, de Xurxo Chirro
Vikingland (2011) é a creación dun dos axentes culturais e artistas galegos, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), máis activos e, de distintos xeitos, persoal e influínte, nos últimos anos. Chirro ou Xurxo González aparece avalado por unha labor teórica e de xestión, incidencia e animación cultural institucional máis que consistente (experto na obra de Manoel de Oliveira; programador e creador en 2008 dun orixinal festival, o Filminho; mente pensante activadora das medidas... Ler máis