BERLINALE (2/2): ESTIU 1993 E OUTRAS HISTORIAS FAMILIARES

A idea de comunidades resistentes xa apuntada na primeira crónica desta Berlinale 2017 circunscribiuse nalgúns casos ao ámbito estritamente familiar. O filme que conxugou estas dúas ideas de forma máis convincente foi Mr. Long (Sabu, 2017). Intento de pastiche entre o cinema de iakuzas e a comedia familiar, a historia é a dun asasino a soldo en apuros que debe refuxiarse nun barrio afastado e pobre para non chamar a atención mentres sanda as feridas provocadas nun traballo... Ler máis

CANNES DÍA 6: OLIVER LAXE CONQUISTA A CROISETTE

Chegou unha das xornadas máis esperadas deste Cannes 2016, pois hoxe presentouse na Semana da Crítica Mimosas (Oliver Laxe, 2016), filme que suscitou o aplauso entusiasta do público e que está a ser ben recibido pola crítica. A segunda longa do director de Todos vós sodes capitáns (2009) pouco ten que ver con esta. Unha caravana no Atlas marroquí leva un home ao seu lugar de repouso. Con esta sinxela liña argumental, Laxe constrúe unha cinta contemplativa e con diálogos... Ler máis

PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS

Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis

HISTORIA E PANTASMAS NO CINE PORTUGUÉS CONTEMPORÁNEO

Espectres del cinema portuguès contemporani: História i fantasmas en les imatges é unha investigación sobre o cine portugués contemporáneo claramente hubermaniana nos seus fundamentos e a súa estrutura. Como tamén o era Atlas portátil de América Latina: Arte y ficciones errantes de Graciela Speranza. George Didi-Huberman é o alicerce teórico (e metodolóxico) sobre o que ambas investigadoras sustentan os seus libros. Aínda que tanto Graciela como Glória comparten... Ler máis

A ESPADA E A ROSA, de João Nicolau

É con esta frase que Manuel se despide dos seus compañeiros de aventura e parte de novo para o descoñecido. Mais acaba esta odisea da mesma forma que a comezara, perdido e desilusionado co mundo que o rodea. A Espada e a Rosa desdóbrase en tres actos, cada un caracterizado por un espazo distinguido e por coordenadas cada vez máis irrealistas e delirantes. A medida que o filme se desenvolve, imos abandonando cada vez máis as referencias “realistas” para nos mergullar... Ler máis