Berlinale 2023 (II): un Henry James contemporáneo
La bête dans la jungle, de Patric Chiha A presenza de dous actores como Anaïs Demoustier e Tom Mercier (esa forza da natureza que protagonizou Sinónimos, de Nadad Lapid, en 2019), unido ao feito de que se trata dunha adaptación de Henry James, atraía a ver La bête dans la jungle (Patric Chiha, 2023). O relato orixinal pivota en torno á historia de amor entre May Bartram e John Marcher, un rapaz obsesionado con que un gran evento vai chegar na súa vida. Agardando por este,... Ler máis
Dúo, de Meritxell Colell
A VIAXE DA CINEASTA / A VIAXE DA COREÓGRAFA En 2018 Meritxell Colell asinou unha das óperas primas españolas da tempada, Con el viento. Nesta traballou coa coreógrafa Mónica García nunha historia que a seguía dende Bos Aires, o seu lugar de traballo e residencia, ata as súas orixes nunha vila de Burgos, practicamente abandonada, á que acudía pola morte de seu pai. Alí atopábase coa súa nai e, coa axuda das súas irmás, axudábaa a vender a casa familiar. Era unha... Ler máis
EMA, de Pablo Larraín
Un dos filmes que máis deu de falar no pasado 2019 foi a última obra de Noah Baumbach Marriage Story. Nel asistimos ao declive e deterioro dunha relación na que o fillo do matrimonio é empregado como unha peza de intercambio entre as discusións. Ema, en certa forma, trata o mesmo tema pero desde un prisma máis amplo, abarcando cuestións que exceden a parella que forman Ema (Mariana Di Girolamo) e Gastón (Gael García Bernal). A parella de bailarina e coreógrafo que forman... Ler máis
COMPAÑERO FEDERICO GARCÍA
Conhecimos a Federico García aló polo ano 2000 quando veu a Galiza invitado polos COSAL-Galiza para apresentar a sua película El Amauta, biografía do intelectual marxista peruano José Carlos Mariátegui. Conhecimo-lo como cineasta mas sobre todo como activista político. Na sua cinematografia ambas actividades som umha soa, indivisível. O cinema de Federico García segue, em muitos sentidos, o modelo prototípico do cinema militante americano: nel temos a urgência política,... Ler máis