SINÓNIMOS, de Nadav Lapid

Ser francés Sinónimos é unha película diversa e irregular como un diario persoal. Durante dúas horas sucédense as anécdotas sen que cheguen a desenvolver unha trama aparente. Teñen, con todo, un centro de gravidade. O actor Tom Mercier, que debuta de maneira asombrosa nesta película, paséase co seu abrigo prestado polas rúas de París. Conta as súas historias de Israel a unha parella de mozos burgueses parisienses, traballa como axente de seguridade na embaixada israelí,... Ler máis

¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

TRANSEÚNTES, de Luis Aller

A aparición na carteleira dunha película que leva 20 anos na súa elaboración sempre é unha boa noticia, máis aínda se provén dun director e unha equipa que demostran unha filiación cinéfila que traspasa a contorna da sala para chegar ás aulas, os seminarios e outros ámbitos de formación. Cómpre recordar aquí que o valente proxecto levado a cabo pola produtora El dedo en el Ojo nútrese principalmente de profesionais que traballan na escola de cine Bande à part,... Ler máis