CANNES 2018 EP. 2: JAIME ROSALES CONQUISTA NA QUINCENA
Jaime Rosales, unha das participacións españolas na Quincena dos Realizadores, sorprendeu cando dixo que ía filmar Petra (2018), unha sorte de traxedia grega posta ao día que contaría no elenco con Alex Brendemühl, con quen xa traballara na súa ópera prima, Las horas del día (2003), e con Bárbara Lennie como protagonista. Dende esa película inicial, tamén estreada en Cannes, o barcelonés tense caracterizado por desenvolver historias de corte social, ás veces con... Ler máis
MARÍA (Y LOS DEMÁS), de Nely Reguera
A crise e as súas consecuencias parecen ter forzado un cambio de paradigma nos protagonistas de moitas películas españolas, especialmente naquelas de xoves directores. Se nos anos 90 e parte dos 2000 imperou o retrato dunha xuventude desnortada durante os vinte anos, na presente década obras de pelaxe e propósitos tan radicalmente distintos entre si coma Las altas presiones (Ángel Santos, 2014), 3 bodas de más (Javier Ruiz Caldera, 2013) o Requisitos para ser una persona... Ler máis
MAGICAL GIRL, de Carlos Vermut
A BELEZA, A PERVERSIÓN E O SER HUMANO Cando comezou o pase de prensa no Teatro Principal de Donostia non sei cantos xornalistas agardaban a revelación que supuxo Magical Girl. Penso que poucos. Algúns iamos en plena resaca de Eden (Mia Hansen-Løve, 2014), e malia que Magical Girl prometía non decepcionar, semellaba difícil manter tan entretido ao público durante dúas horas. Logo esas dúas horas resultaron ser moi curtas, porque Magical Girl envolve, desata... Ler máis