FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #6
Platónico, platónica, de Xacio Baño Que é o amor? A última sesión do festival comeza con esta pregunta dirixida a unha intelixencia artificial. No corazón de Platónico, platónica (Xacio Baño, 2024) está a tese de que “a nosa relación coa creación de imaxes parte do amor”, e este é o vínculo que o filme explora a través de distintos formatos en apenas dez minutos de metraxe. Cales son, entón, as imaxes do amor que xera a IA cando a voz en off do filme (tamén... Ler máis
Curtas Vila do Conde 2023: Camiños da ficción
Natureza humana, de Mónica Lima (2023) “A procura leva implícita a forma da esperanza (…) e a esperanza inclúe, en si mesma, o dinamismo da procura.” Leo estas palabras do filósofo catalán Josep Maria Esquirol no tren de volta a Porto tras uns días no Curtas Vila do Conde, que este ano celebrou a súa 31.ª edición, e paréceme recoñecer nelas unha síntese do que supón un festival destas características. Poderiamos dicir que a curtametraxe é un formato que privilexia... Ler máis
OS VIVOS TAMBÉM CHORAM, de Basil da Cunha
Despois de Miguel Gomes, Sandro Aguilar e João Nicolau, a produtora portuguesa O Som e a Fúria atopou en Basil da Cunha unha nova tarxeta de visita no contexto das curtametraxes. A produtora fundada por Sandro Aguilar e João Figueiras en 1999, actualmente dirixida polo primeiro e por Luís Urbano, ten responsabilidades recoñecidas na revelación de novos valores no cinema portugués na última década e decidiu apostar neste mozo luso-suízo. Fillo de nai suíza e pai portugués,... Ler máis