Procesos #26 – Filmoteca Española

 De preguntar a calquera cinéfilo con que sede identifica a Filmoteca Española, pódese supor que ao instante mencionará o madrileño Cine Doré, a céntrica e emblemática sede que desde 1989 acolle as súas proxeccións. Pero é moito menos sabido que gran parte do meticuloso traballo exhibido nas súas dúas salas ten orixe varios quilómetros ao oeste da capital, xa no termo municipal de Pozuelo de Alarcón. Alí, as modernas instalacións do Centro de Conservación... Ler máis

A LIBERDADE DE CHAMAR ÁS COUSAS POLO SEU NOME

Do mesmo xeito que Umberto Eco ofrecía en 1977 unha didáctica e esclarecedora disertación de Como se fai unha tese1, o investigador Manuel Trenzado Romero ofrece unha modélica disertación de como abranguer unha colosal investigación socio-cinematográfica na súa obra Cultura de masas y cambio político: El cine español de la transición, publicada polo CIS en 1999. Este exhaustivo estudo é unha referencia bibliográfica magnífica para indagar naquel transcendental intervalo... Ler máis

DESVELAMENTOS AUTORAIS: O CINEMA DE MARCEL LOZINSKI

O Play-Doc é entre outras cousas un festival que parece gustar da continuidade. Da presenza de caras e figuras que reaparecen dun ano a outro para seguir afondando na obra de cineastas concretos, algo que se cadra é máis destacable pola reducida dimensión dun festival no que participan poucos filmes en comparación coas programacións xigantescas doutros certames. Por exemplo, Rosenblatt ou Kowalski volven unha vez máis por terras miñotas, un na sección oficial e outro... Ler máis