Katrin Rothe: “O mundo sería un lugar mellor se todos fixésemos no traballo cousas que cremos que son boas para a sociedade”

Podes ler a entrevista orixinal en inglés aquí. A guionista, produtora e cineasta alemá Katrin Rothe foi unha das convidadas destacadas da edición 08 do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas, que organizou a primeira retrospectiva en España dedicada á singular obra de Rothe. Ademais de proxectar algunhas das súas obras máis destacadas, como 1917 – The Real October (2017) e Johnny and Me (2023),  a artista alemá impartiu unha conferencia-taller... Ler máis

Dar Ghorbat, de Sohrab Shahid Saless

Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui). Podes ler o texto na súa versión orixinal en portugués aquí. Nein! Deutschland gut! Sohrab Shahid Saless (1944–1998) foi unha figura esencial da primeira xeración da nova vaga iraniana. Traballou no Kanun, onde foi unha influencia para Abbas Kiarostami; en 1975 emigra á República Federal Alemá, despois... Ler máis

BERLINALE 2019: SECCIÓN OFICIAL

Synonyms (Nadav Lapid) © Guy Ferrandis A última edición do Festival Internacional de Cine de Berlín (7-17 de febreiro) foi especialmente prolífica no que se refire a titulares e polémicas arredor da súa programación. Despois de 18 anos como director artístico da Berlinale, o xermano Dieter Kosslick despedíase do festival cunha 69ª edición que prometía moito máis do que acabou ofrecendo, especialmente cando falamos dun dos maiores escaparates de cinema a nivel global.... Ler máis

TOIVON TUOLLA PUOLEN, de Aki Kaurismäki

Ler esta crítica na súa versión orixinal en portugués É refrescante voltar de cando en vez ao cinema de Aki Kaurismäki. O seu mundo, atravesado por unha estética retro (mais sen o pastiche posmoderno ao que asociamos agora esa palabra), ancórase na vontade e na necesidade de dirixir o noso ollar naquilo que nos fai humanos. Ese lado humanista –que o cinema clásico converteu nunha postura política– fai do realizador finés unha caste de illa no medio da confusión... Ler máis

CINEASTA EMERXENTE? BERLINALE TALENTS

Os festivais de cinema son unha plataforma, en moitos casos, para atopar co-produtores ou fondos para financiar un filme. A maioría de certames de clase A contan con eventos paralelos ou bolsas que facilitan a realización de películas ou, cando menos, achegan unha axuda para rematalas. A Berlinale non podía ser menos. De feito, o volume destes cursos, encontros, bolsas e demais para novos realizadores – ou profesionais en xeral, hai 12 categorías ás que presentarse –... Ler máis