20.000 especies de abejas, de Estíbaliz Urresola
20.000 especies de abejas, de Estíbaliz Urresola Non é doado falar das infancias trans. E máis aínda neste momento, á sombra dos debates xurdidos en torno á nova Lei Trans e ao dereito á autodeterminación. Córrese o risco cando se constrúe unha narrativa en torno á realidade da infancia trans de converter todo nun exercicio violento de fetichización e deshumanización, ou nunha palmada nas propias costas, unha afirmación do consciente e moderna que é unha. Saber... Ler máis
Berlinale 2023 (VII): grandes autores fan experimentos
in water, de Hong Sang-soo Concluímos as nosas crónicas dende Berlín coa volta de dous autores de primeira, João Canijo e Hong Sang-soo. O portugués presentou o seu díptico Mal Viver (2023) e Viver Mal (2023), unha serie de retratos adaptados de August Strindberg que xiran en torno ás relacións de varios burgueses nun sofisticado hotel en decadencia. Outro sueco, Ingmar Bergman, parece a referencia cinematográfica do luso. O espazo, opresivo, non convida á alegría,... Ler máis
Berlinale 2023 (VI): gran cinema alemán
Music, de Angela Schanelec Ata os máis grandes festivais —estes ás veces máis— teñen as súas cotas nacionais. Mentres sexan como as desta Berlinale, todo correcto. Christian Petzold e Angela Schanelec son dous grandes pesos contrastados e este ano entregaron dous filmes notables. Petzold vén de filmar un par de películas, Transit (2018) e Undine (2020), que son adaptacións no mundo contemporáneo de vellos textos. A primeira, baseada nunha novela de Anna Seghers, acontece... Ler máis
Berlinale 2023 (V): Lois Patiño reinventa o cinema
Samsara, de Lois Patiño Ler máis Read More
Berlinale 2023 (IV): delicada peza de ourive
Passages, de Ira Sachs Ás veces non se comprende como certas obras notables acaban en seccións paralelas dos grandes festivais, cando claramente teñen o suficiente nivel como para competir en oficial. Ocorreu este ano na Berlinale con Passages (Ira Sachs, 2023), presentada en Panorama e que se erixe como o filme máis destacable desta edición no ecuador do festival. O neoiorquino é coñecido polos seus dramas protagonizados habitualmente por parellas gais, cun grande naturalismo,... Ler máis
Berlinale 2023 (III): a historia dun naufraxio
Perpetrator, de Jennifer Reeder O segundo filme galego en se presentar nesta Berlinale foi Sica (Carla Subirana, 2023). Primeira longa de ficción para unha directora xa experimentada no documental, conta a historia da rapaza do título, unha adolescente que vaga polos acantilados da Costa da Morte obsesionada con atopar o corpo do seu pai, presuntamente afogado nun naufraxio. Como metáfora de que a negación é a primeira fase do loito, Subirana decide mostrarnos a Sica na escena... Ler máis
Berlinale 2023 (I): a marea do cinema galego
Matria, de Álvaro Gago O 2023 quedará marcado nas enciclopedias do cinema galego coma o ano no que tres filmes saídos da nosa terra participaron no prestixioso festival de Berlín. Con Lois Patiño non é literal, pois sitúa Samsara (2023) en Laos, mais Carla Subirana e Álvaro Gago poñen acento local ás historias que contan dende a Costa da Morte e as Rías Baixas, respectivamente con Sica (2023) e Matria (2023). Precisamente este último foi un dos primeiros filmes vistos... Ler máis
Alcarràs, de Carla Simón
Alcarràs é unha pequena localidade rural preto de Lleida. A subsistencia da agricultura familiar é algo cada vez máis complicado, e a forma tradicional e menos invasiva de cultivar a terra está a desaparecer, principalmente pola inacción dos gobernos e as malas transicións propostas para un progreso que xa é imparable. O problema son os mecanismos e as forzas que actúan con este progreso, xa que nunca se debería falar de imposición, senón dun proceso equilibrado e... Ler máis
La vida de los demás, de Mohammad Rasoulof
“Isto é Irán. Aquí non hai lei, só diñeiro e nepotismo. Dinche que apartes o tallo e falo, ou serás ti e o teu mellor amigo apartará o tallo dos teus pés”. Reflexións tan explícitas como estas nos filmes de Mohammad Rasoulof valéronlle ao director iraniano sucesivas condenas dos tribunais da república islámica. No seu último traballo, La vida de los demás (There Is No Evil), que se estrea nas salas españolas este venres 25 de xuño, o cineasta realiza unha... Ler máis
Indielisboa 2020 (1/2): Reivindicación da negritude
Co movemento Black Lives Matter cada vez máis presente no contexto político actual, o Indielisboa propúxose este ano recordarnos que esa toma de conciencia non debe quedar só na creación de estratexias de inclusión que permitan ás comunidades negras obter unha maior cota de representación, auspiciada por eles propios e, sobre todo, que sexa a correcta e fóra de estereotipos racistas. Isto é, darlles verdadeira voz. Tampouco chega con darlle voltas ao discurso identitario,... Ler máis