BUSÁN 2014 (I/II): A COLLEITA COREANA

O pasado outubro pechouse o 19º Festival Internacional de Cinema de Busán, o BIFF, en Corea do Sur. Nesta revista temos mencionado a maiúscula importancia deste evento, ao ser o maior festival de cinema de Asia. Aénfase está posta, primeiro, no cinema local, despois no cinema producido en Asia (o logo do festival é ‘BIFF, o centro do cinema asiático’), e por último no cinema mundial. Mais non sóde estreas, presentacións, visitas de directores e actores trata... Ler máis

OS FESTIVAIS DE CINEMA EN COREA DO SUR: UNHA CRÓNICA SOCIAL

Cando un se prepara para ir a un festival de cinema conta con pouca información: algunhas películas veñen precedidas de éxito noutros festivais, doutras non nos interesa tanto a película como a Guest Visit (presenza do director e staff durante a proxección e posterior diálogo co público) e da gran maioría, por ser estreas ou obras de directores noveles, non se ten máis información que a que se presenta no catálogo. Desta maneira un estuda a programación o mellor... Ler máis

OPEN TALK: BONG E TARANTINO

Non houbo tempo para o rumor ou o transcendido. Simplemente chegou un mail avisando do evento: Open Talk Bong Joon-ho (BJH) e Quentin Tarantino (QT). Así, nunha fermosa tarde na que a luz acusaba o final do outono e do Festival Internacional de Busán (BIFF) Quentin Tarantino chegou á cidade surcoreana desde Macao, onde recibiu o premio pola súa carreira nos Premios Huading. Así, de súpeto, espontaneamente, como fan, non como convidado, e este foi o único evento que aceptou... Ler máis

PREOCUPACIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE A PRODUCIÓN DE CINEMA SURCOREANO DO 2013

Kim Ki-duk presentando o seu novo proxecto, 'Moebius'. En Asia, a histórica dispoñibilidade á boa e non tan custosa tecnoloxía fixo que o uso dos aparellos electrónicos se sitúe no centro da vida e que o rexistro e posterior reporte das actividades cotiás sexan a norma, xerando unha abafadora naturalidade coa que o normal da poboación domina a técnica. Sumado á consolidación a fins dos 90 dun cinema nacional grazas, principalmente ao establecemento do Busan... Ler máis