O CINEMA FRANCÉS PON FACE Á CRISE

Aos seus cincuenta e un anos, Thierry (Vincent Lindon) leva vinte meses en paro. En La loi du marché (Stéphane Brizé, 2015) acompañámolo na súa procura de emprego e nos seus esforzos por manter unha vida familiar malia as circunstancias. Cando por fin aparece o traballo, é para desvelar un mundo laboral rexido polo medo: a ameaza constante do paro pon a proba non só a competencia do traballador, senón os límites da súa ética. Thierry descubrirá así que a súa función... Ler máis

A REPRESENTACIÓN DO CAPITAL

Nachrichten aus der ideologischen Antike – Marx/Eisenstein/Das Kapital (Alexander Kluge, 2008) A economía capitalista sempre foi unha cuestión de fe, como lembra DK nunha das súas cartas ao Papa Ratzinger en Karnaval de Juan Francisco Ferré (2012), a gran novela político-satírica da crise do capitalismo: “a economía tamén é unha cuestión de fe, unha cuestión de fe que rexe as nosas decisións cando confiamos a nosa fortuna ou os nosos aforros a un banco, ou... Ler máis

O FINANCIAMENTO DE CINEMA EN GALICIA, OU A IMPORTANCIA DO PÚBLICO

Momento da rodaxe de ‘El niño’, con Luis Tosar e Eduard Fernández. FOTO: Jose Haro. “Financiamos las películas con las ayudas del ICAA, en algunos casos las anticipadas y en otros a amortización; a veces vendemos solo los derechos de antena a TVE, y en otros proyectos sí participan Tele5 y Antena 3, tanto a través de los derechos de antena como en coproducción; solemos vender las películas a Canal+ y ahí también conseguir financiación; también coproducción... Ler máis