O mellor de 2022

Un ano máis, dende A Cuarta Parede optamos por eludir as tradicionais listaxes e organizacións categóricas co máis destacado da tempada, que inevitablemente reducen a experiencia cultural a unha simple clasificación (cando non competición) de obras e autores. Por divertido e útil que poida resultar este exercicio, na revista decidimos consolidar o noso particular resumo anual, no que convidamos ás nosas colaboradoras a compartir todo aquilo que fixo destes doce meses algo... Ler máis

USA-BABILONIA

“Nada ten tanto éxito coma o exceso“. Unha frase de Oscar Wilde, escritor máis prolífico polas súas declaracións que pola súa obra literaria. Wilde era en si mesmo un tipo en grao sumo excesivo e comprendeu que nunha sociedade reprimida como a vitoriana a tentación de abandono que supón un comportamento desinhibido tiña un atractivo ao que era difícil resistirse. Mesmo hoxe en día, cando as represións son menos obvias, non hai mellor forma de atraer a... Ler máis