FIC XIXÓN 2017: NOVA ETAPA (I/II)

Esta crónica será forzosamente parcial e heteroxénea, pois a nosa visita a Xixón deunos para ver algúns filmes en só catro días, dentro dunha selección enorme que dificilmente pode abarcarse a non ser que unha se centre nunha sección en concreto. Non é o caso, tomamos petiscos de aquí e aló, vendo moi bo cine, mais sen poder establecer grandes conexións. Quizais a única clara que atopamos nunha importante colleita de cine francés este ano, foi a vontade común de... Ler máis

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis

CANNES DÍA 3: FILLOS DE QUITA E PON

Abriuse a Semana da Crítica con Victoria (Justine Triet, 2016) e Albüm (Mehmet Can Mertoglu, 2016) e resulta curioso comprobar coma estes filmes dialogan, dende aproximacións estéticas moi distintas, con Rester vertical (Alain Guiraudie, 2016) na sección oficial, no que se refire no trato aos fillos. Xa comentamos aquí que o filme do francés vai de mentireiros profesionais que, entre outras cousas, non son quen de facerse cargo da súa paternidade con responsabilidade.... Ler máis

CANNES? QUE CANNES?

Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando, antes de comezar o festival, xa está vendido a todo o mundo? Non é só unha cuestión de orzamento,... Ler máis