DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA

“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis