SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS

Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis

CANNES 2018 EP. 3: E AO TERCEIRO DÍA RESUCITOU… GODARD

E ao terceiro día resucitou. A sección oficial estaba morta e chegou Jean-Luc Godard para facernos crer. Había moita expectación con Le livre d’image (2018) por saber se se parecería máis a Histoire(s) du cinéma(s) (1988) ou á senda emprendida dende Film socialisme (2010), polo que se intuía que ía ter de crítica ao declive de Occidente visto dende o cinema, cunha edición de imaxes que nos fan reflexionar sobre a súa memoria como espello da historia do século... Ler máis