DIEGO MARADONA, de Asif Kapadia

No 2009, Ken Loach asinaba Looking for Eric, unha película centrado na vida dun carteiro inglés que loita contra a súa particular crise coa axuda do dianteiro do Manchester United Eric Cantona. Non me considero un fanático do fútbol, aínda que si que gosto de ver algún que outro partido e sigo a actualidade de preto; quizais por iso o filme de Loach fíxome sentirme máis próximo aos meus amigos que si vivían o deporte. Máis próximo a esa paixón que cega a vista dunha... Ler máis

BELLA E PERDUTA, de Pietro Marcello

O filme comeza, paseniño, en silencio. Coñecemos a Tomasso, o anxo do Carditello. Este granxeiro metido a coidador dun símbolo de Italia, un antigo palacio borbónico, hoxe só habitado polas silvas e visitado polos ladróns. Despois, Pulcinella, outro anxo, este celestial, que agarda nunha cárcere unha tarefa que cumplir. Todo no máis absoluto silencio, deixando que sexan as imaxes as que falen en troques do diálogo. Mais, cando aparece Sarchiapone, o búfalo orfo, atopado... Ler máis