THE FAVOURITE, de Yorgos Lanthimos
Mellor película do ano segundo o American Film Institute; premios ao mellor filme independente británico, mellor dirección, mellor actriz protagonista (Olivia Colman) e actriz de reparto (Rachel Weisz), mellor fotografía, deseño de vestiario, maquillaxe, deseño de produción e guión nos British Independent Film Awards; galardóns para á interpretación das actrices (especialmente para Colman) outorgados pola Chicago Film Critics Association, o Festival Internacional de... Ler máis
SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL
A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada un dos asistentes. Isto é o que pasa no Festival de Sevilla, unha cita que reúne nas súas máis... Ler máis
THE KILLING OF A SACRED DEER, de Yorgos Lanthimos
O cinema do director grego Yorgos Lanthimos é difícil de catalogar. As primeiras novas da súa obra –inquietante, inquisitiva, punzante e altamente codificada– chegáronnos con Κυνόδοντας (Canino, 2009), unha longametraxe que supuxo a primeira colaboración co seu coguionista Efthymis Filippou, e onde Lanthimos expuña as coordenadas dun cinema de estrañeza, violencia e incomodidade do que nos seguiu ofrecendo novos retrincos ao longo da última década. Con... Ler máis