버닝 (BURNING), de Lee Chang-dong

Hai misterio, hai sospeita e, sobre todo, hai metáforas: da epifanía do sol reflectido nunha parede (o vello desexo de Edward Hopper) ao pesadelo dos invernadoiros en chamas (a manobra de distracción ideada por Haruki Murakami no relato que dá pé a este filme, ‘Queimar Invernadoiros’). 버닝 (Burning, Lee Chang-dong, 2018) é un traballo cheo de engados para o público, a quen lle corresponde dar continuidade á historia no seu maxín. Que son daquela eses invernadoiros?... Ler máis

LAZZARO FELICE, de Alice Rohrwacher

LÁZARO O RESUCITADO NA CAVERNA DE PLATÓN [crítica con spoilers] Lazzaro vive xunto aos seus paisanos na vila de La Inviolata, un ambiente moi rural onde se traballa a terra ata a extenuación e onde el semella ser o último branco nunha longa cadea de explotación que comeza polas malas formas dunha marquesa que parecese sacada dun conto dos irmáns Grimm. O rapaz non é moi espelido, é un deses parvos sabios e, carecendo de miolo, desborda bondade e candidez. Diríase que... Ler máis

CANNES 2018 EP. 12: MERECIDÍSIMA PALMA AOS SHOPLIFTERS DE KORE-EDA

Ao final a Palma foi para Shoplifters (Hirokazu Kore-eda, 2018). Alegrámonos moito porque era das nosas películas preferidas dunha edición de Cannes que deu moita calidade. Trata o tema de sempre, a familia, mais faino cunha sensibilidade que só se compara cos mellores traballos da súa obra, como Caminando (2008). Por fin ten a Palma, ben a merecía. A gran sorpresa da noite foi escoitar a Cate Blanchett dicir que ían entregar unha Palma de Ouro especial e, dende ese momento,... Ler máis

CANNES 2018 EP. 11: NURI BILGE CEYLAN APURA AS SÚAS OPCIÓNS PARA A PALMA DE OURO

A última das películas en competición este ano foi The Wild Pear Tree (2018), do turco Nuri Bilge Ceylan, que xa gañara a Palma de Ouro e o FIPRESCI con Winter Sleep (2014) e que aquí volve presentar un serio contendente. A película fai gala unha vez máis dun ritmo pausado e sutís conversas que agochan sempre dobres sentidos, na volta dun novo escritor á súa terra logo de estudar fóra dela. Aí ten que facer fronte a un pai que está a arruinar a súa vida co xogo,... Ler máis

CANNES 2018 EP. 10: O QUIXOTE, PROCESIÓNS, FLAMENCO, FALLAS E OLÉ

Pecha mañá esta edición do festival de Cannes The Man Who Killed Don Quixote (Terry Gilliam, 2018), filme que os medios puidemos ver xa hoxe e que supuña todo un evento cinéfilo por ver completada a obra que lle levou 25 anos realizar ao seu director. Hai cousa dunha década xa o intentara nunha rodaxe fallida con Jean Rochefort encarnando o famoso fidalgo e tamén estivera vencellado ao proxecto John Hurt. Hai para os dous unha homenaxe nos créditos. Daquela era Johnny... Ler máis

CANNES 2018 EP. 7: A VIOLENCIA DE SPIKE LEE, LARS VON TRIER E PANOS COSMATOS

Tinguíronse de sangue as pantallas de Cannes nas últimas horas. Onte puidemos ver Blackkklansman (2018), o último “joint” de Spike Lee, que se mantén fiel ás súas constantes temáticas e estéticas, elixindo adaptar o ensaio de Ron Stallworth sobre unha investigación que lle tocou levar en Colorado Springs (Colorado) en 1954. Sendo o primeiro policía negro da localidade, asignáronlle infiltrarse en grupos próximos ás Panteiras Negras e acabou por facelo no seo... Ler máis

CANNES 2018 EP. 6: O SUAVE GUSTO DO SAKE I & II

Shoplifters (Hirokazu Kore-eda, 2018) Iamos con certa cautela á proxección de Shoplifters (Hirokazu Kore-eda, 2018) polo aparente retroceso das últimas obras do nipón. Mais o último do autor de Caminando (2018) volve precisamente a esa senda punzante e escrita con elegancia que botabamos de menos. Dende a primeira escena sitúanos nun singular domicilio, formado por membros que non comparten lazos sanguíneos mais que, a causa da situación de desamparo na que se atopan,... Ler máis

CANNES 2018 EP. 5: AS MULLERES REIVINDICAN A IGUALDADE SOBRE A ALFOMBRA VERMELLA

82 mulleres fronte a 1688 homes. Son as cifras das películas seleccionadas nos 71 anos de historia do festival de Cannes. Nunha edición na que só hai tres filmes na competición oficial dirixidos por féminas, e por iniciativa do colectivo francés 5050×2020, que pretende conseguir a igualdade con 2020 coma obxectivo, 82 artistas do mundo do cinema invadiron onte a alfombra vermella para reclamar esa igualdade, xusto na xornada na que se proxectaba a primeira das películas... Ler máis