Cannes 2023 (IV): os mundos de Yupi
Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki Cando falamos de Le fabuleux destin d’Amélie Poulain (Jean-Pierre Jeunet, 2001), habitualmente critícaselle o feito de que a historia ten lugar nunha burbulla, un mundo fantástico que non é o París real, no que todos son brancos, non hai problemas sociais e todo é magnífico. É unha análise non compartida por moitos outros críticos, que teñen sinalado que, en efecto, o filme se presenta como un conto de fadas sobre unha parella... Ler máis
Cannes 2023 (III): a ficción invade a realidade
Cerrar los ojos, de Víctor Erice Mediados dos anos corenta, unha mansión no medio dun bosque, Triste-le-Roi, nas aforas de París. Un home corpulento, un tal Franch, cunha gabardina que lle dá aires de detective (José Coronado), é recibido por un servinte chinés e conducido a falar cun vello e moribundo sefardí, o sr. Lévy (Josep Maria Pou). Este encárgalle ao primeiro, anarquista que axudou a moitos xudeus a cruzar os Pireneos tras a guerra civil española, que lle traia... Ler máis
Cannes 2023 (II): quen controla o relato, ten o poder
May December, de Todd Haynes Todd Haynes ten unha longa e diversa filmografía, pero seguramente sexa recoñecido sobre todo por revitalizar a tradición melodramática do cinema norteamericano con fitas como Far From Heaven (2002) ou Carol (2015). O seu último filme, May December (2023), presentado esta semana en Cannes, garda relación temática con estas no sentido en que desenvolve relacións prohibidas a ollos da sociedade. Se o personaxe de Julianne Moore (protagonista... Ler máis
Número 48
Como cada ano, a industria cinematográfica mundial asiste á súa cita ineludible na Croissette, acaparando o foco mediático e marcando a axenda do sector. Máis aló das queixas e polémicas recorrentes, tanto as referentes á programación como ás trabas técnicas ás que deben enfrontarse os asistentes na realidade pospandémica, o certo é que o Festival de Cannes segue sendo o encontro máis influínte e polarizante do mundo do cinema. Ante o seu innegable impacto prescritivo,... Ler máis
O triángulo da tristeza, de Ruben Östlund
O mecanismo que mantén un cruceiro a flote componse dunha gran cantidade de pequenos elementos de enxeñería, que sen ser moi atractivos de por si, traballan xuntos dende o anonimato para crear esa preciosa imaxe final dunha embarcación capaz de navegar os mares. Se algún destes pequenos e descoñecidos elementos falla ou non se comporta como debería, todo o sistema corre o risco de virse abaixo, causando graves problemas aos seus tripulantes. O mesmo podería dicirse... Ler máis
Decision to Leave, de Park Chan-wook
O cinema é unha forma de narrar historias. Varias disciplinas artísticas cumpren con esta descrición, como a literatura ou o teatro, pero todas se diferencian na súa forma de chegar ao público. O audiovisual desenvolveu co paso dos anos unha linguaxe propia que foi evolucionando e afastándose do resto de artes. Consegue xerar sensacións, sentimentos e ambientes únicos que non poderían ser recreados nin transmitidos doutra forma. Park Chan-wook é un director que demostrou... Ler máis
Flee, de Jonas Poher Rasmussen
IDENTIDADE REPRIMIDA En 2008 un israelita chamado Ari Folman dirixía un filme documental de animación que cambiaría a forma na que percibimos o xénero. Ese título, Vals con Bashir, partía dunha serie de entrevistas e usaba os debuxos para reproducir aquilo que non era representable. Os sionistas fixeran esforzos por agochalo. Falamos da primeira guerra do Líbano, a inicios dos oitenta, e falamos de refuxiados palestinos. Esa obra probou que a animación pode, en efecto,... Ler máis
Tres, de Juanjo Giménez
Juanjo Giménez é un director novel que se sae da regra, non xa polos anos que ten (a idade, para min, poucas veces define algo), senón polo seu traballo na industria, o seu labor como profesor e a experiencia na curtametraxe que atesoura. Xénero que soubo espremer ao máximo, e que o levou en 2016 a ser o primeiro español en gañar a Palma de Ouro do festival de Cannes á mellor curtametraxe por Timecode, unha pequena e sutil historia sobre uns vixiantes de seguridade dun... Ler máis
AYKA by herself
Esta peza vai na liña dalgún dos anteriores vídeos que xa fixen, sobre películas coma Rosetta e Ida, nos que trato de contar de forma breve a historia das protagonistas de cada un deses filmes, intentado transmitir con isto a esencia da propia película e que coma espectador, sintas ganas de ver o filme completo. Esta vez, a película en cuestión é Ayka (2018), un filme casaco de Sergei Dvortsevoy. Narra a historia de Ayka (Samal Yeslyamova), unha muller inmigrante que... Ler máis
O QUE ARDE, de Oliver Laxe
As magnas imaxes dun bosque sendo arrasado, revestidas de tanta épica coma dor, irrompen na pantalla. Pouco despois, un expediente penal pasa de man en man nun xulgado. “Este é o pirómano?”, coméntase sen que cheguemos a ver un só rostro, antes de descubrir a mirada aflixida de quen supoñemos é ese individuo. En oito minutos de cine memorable a ritmo de Vivaldi -ese Cum dederit reaparecerá máis adiante noutro momento crave- ata que Amador chega ao pobo, punto de... Ler máis