¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

PABLO HERNANDO: “PARA MIN NON HAI NADA MÁIS BONITO QUE ESTAR DENTRO DUNHA PELÍCULA E NON ENTENDELA”

Dentro da programación de xaneiro do CGAI, Pablo Hernando (Vitoria-Gasteiz, 1986) foi convidado para presentar os filmes Esa sensación e Berserker. A súa aposta autoral mestura comedia negra e drama con toques de ciencia ficción en películas que son á par inexplicables e aditivas. Na biblioteca da filmoteca comezamos a nosa conversa falando de Carlo Padial, cuxa entrevista na revista tivo unha gran acollida nas redes sociais grazas á difusión a través do twitter do director... Ler máis

UNHA SECUENCIA. PABLO HERNANDO

  Read More

ESA SENSACIÓN, de Juan Cavestany, Julián Génisson e Pablo Hernando

Un fillo espía a seu pai mentres este atravesa unha crise de fe, unha muller sinte unha atración incontrolable por obxectos diversos (unha escaleira, un parquímetro…), un virus ataca ás persoas e fai que digan cousas sen pensar. Estas tres frases son a única explicación que se lle pode dar a un filme que non responde a ningunha lóxica ou arco dramático tradicional. Esa Sensación (2015) é unha labazada directa ao espectador e un soplo de aire fresco que entra a... Ler máis

CARLO PADIAL (2/2): “SE HAI UNHA PELI NA QUE POIDA SAÍR MIGUEL NOGUERA, PARA MIN É PERFECTO”

Continuamos a entrevista ao ía seguinte con Miguel Noguera. Recén chegado ao Festival, presenta xunto a Padial Taller Capuchoc dentro dunha sección do Festival de Cine Europeo de Sevilla adicada ao cine de contra-comedia máis arriscado. Noguera, máis coñecido polos seus libros, Hervir un oso ou Ultraviolencia, afronta nesta película unha das súas poucas incursións no cine. Considerades que facedes un tipo de humor marxinal, destinado a un público moi pequeño? MIGUEL... Ler máis

CARLO PADIAL (1/2): “FIXEN TALLER CAPUCHOC CO QUE TIÑA PORQUE NON PENSO PERMITIR QUE ME DETEÑAN”

Na pasada edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla, Carlo Padial presentou unha das seis diferentes montaxes de Taller Capuchoc (2014), a súa última película. A súa película foi a xoia dunha sección centrada nun cine diferente e rompedor centrado na contra-comedia. Temática, posta en escena, texto… todo xoga un papel moi importante no cine de Carlo Padial onde, máis que o continente, o que importa é o contido. Como plantexas facer unha película? Juan Cavestany... Ler máis

LOW COST, CRISE E CINEMA EN ESPAÑA

Juan Cavestany é un dos máximos expoñentes do cinema low cost, con obras como ‘Gente en sitios’. Facer unha introdución a un tema como a crise económica actual resulta redundante despois de sete anos de recortes, axustes orzamentarios, primas de risco e outras verbas de recente aparición. Porén, é importante sinalar como a crise do 2008 provocou o nacemento dunha das correntes máis interesantes do cinema español contemporáneo: estamos a falar de filmes afastados... Ler máis