ALBERT SERRA: “SON O MELLOR MONTADOR DO MUNDO. UN DIRECTOR DOS CINCO MELLORES. UN PRODUTOR NORMAL. E UN GUIONISTA BO”

Despois de colleitar éxitos e louvanzas por todo o mundo, Albert Serra (Banyoles, 1975) pasou polo CGAI para presentar La mort de Louis XIV (2016). Serra dispara conceptos que sosteñen a súa metodoloxía de traballo así como frases provocadoras contra actores, sector, etc., unha actitude que lle ten gañado o adxectivo de enfant terrible do cinema español. Acabo de decatarme de que no cartel de La mort de Louis XIV non sae ningunha produtora española. Bueno, así é a vida,... Ler máis

HISTÒRIA DE LA MEVA MORT, de Albert Serra

A MERDA EN OURO Desde a súa celebrada Honor de cavallería (2006), Albert Serra dedicouse a reapropiarse de estéticas románticas e aplicalas a mitos ultracodificábeis aos que reduce á súa máxima esencia (1). Nesa película, o Quixote e Sancho camiñaban polo campo á espera dunha aventura que nunca acaba por chegar. Serra mostrábanos a don Quixote como unha especie de místico romántico, amante da natureza e obsesionado coa mítica Idade de Ouro. A visión da natureza... Ler máis