CAROL, de Todd Haynes
Cando Todd Haynes espertou, o melodrama seguía estando aí. O idilio do cineasta con este xénero denostado resultou ser amor verdadeiro, e todos os espectadores saímos gañando desta unión. Sen dúbida trátase do rexistro formal que mellor lle permite canalizar as súas constantes autorais, nomeadamente a súa aproximación posmoderna e transgresora a modelos codificados da cultura popular e o seu interese militante por temáticas feministas e/ou queer. Amais, de momento,... Ler máis
BLUE JASMINE, de Woody Allen
ALLEN 2.0 É habitual escoitarlle dicir a Woody Allen que non gusta dos seus filmes, e que dirixe de maneira despreocupada, optando sempre pola posta en escena máis preguiceira. Hai un pouco de verdade e outro tanto de mentira nestas afirmacións. Isto vense confirmando nos últimos anos da súa carreira dun xeito moi evidente. Por unha banda, debemos precisar que o autor neoiorquino, máis que aborrecer as súas películas, quere melloralas. Os exemplos son diversos, ás veces... Ler máis