SEFF 2022 (I): As películas de outras
Los hijos de otros (Rebecca Zlotowski, 2022) O Festival de Sevilla arrincou a súa decimo novena edición proxectando Los hijos de otros (Les enfants des autres), a quinta longametraxe da parisiense Rebecca Zlotowski. Máis aló da súa precisa elección como película inaugural, o novo traballo da directora de Une fille facile (2019) evidencia as limitacións de certo cine académico para dar auténtico relevo aos seus personaxes, alí onde todo aparece medido para representar... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2015: APOCALIPSE E XUVENTUDE
Tres anos despois da suposta fin do mundo, a apocalipse segue a estar de moda. Novos escenarios, a cotío posteriores a este colapso do mundo, son escollidos na actualidade para situar moitos filmes. Quizais por unha vontade de advertencia do posible ocaso da sociedade, quizais polo atractivo que suscitan. Fin do mundo que non sempre se corresponde coa destrución do planeta, senón, ás veces, co fin dunha era co comezo de outra. Algo así como acontece no paso da xuventude... Ler máis







