O gran momento do audiovisual galego
XXII Premios Mestre Mateo © Academia Galega do Audiovisual Desde fai un tempo, pregúntanme de maneira recorrente sobre o gran momento que vive o audiovisual galego. Vaia por diante que pouco importa o que eu opine; en todo caso, sempre tropecei con dificultades para dar unha resposta breve e contundente. Non son amigo de triunfalismos, sobre todo se se trata dunha reacción ante os éxitos (cómpre aquí redefinir a idea de éxito) duns poucxs. Gústame poñer en valor e celebrar... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2020: O xardín secreto
Non é certo que quedásemos sen primavera. S8 puxo todos os medios na súa onceava edición para devolvérnola en forma de cinema periférico este outubro: e a quen non lle gusta que lle regalen flores? Este Xardín Secreto trouxo consigo os aromas esquecidos durante o confinamento e encheu a sala co exuberante dun cinema que non pretende endosar etiquetas. Un xardín colectivo, o desta edición, do que sacar un ungüento diferente de cada sección. Afeitos a sorprendernos co... Ler máis
CHEMA PRADO: “O ÉXITO DA FILMOTECA FOI O RESULTADO DO TRABALLO DUN EQUIPO AO QUE EU TIVEN A SORTE DE PERTENCER“
Apenas trinta minutos antes da Carta Branca que o Festival Curtocircuíto lle encomendou a Chema Prado (Rábade, 1952) os amigos de NUMAX cédenme o espazo do laboratorio audiovisual para falar co que estivo ao fronte da Filmoteca Española casi 30 anos. Ao pouco de comezar, o ritmo acelerado das súas palabras, coma se non quixera deixar nada sen dicir, dan boa conta de que ante min non está unha das persoas máis reputadas do panorama audiovisual español senon unha verdadeira... Ler máis
Procesos #25 – CGAI
Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis
Número 37
Lugares de referencia para todos os cinéfilos, as filmotecas e os arquivos fílmicos convertéronse en espazos de resistencia onde xorden os diálogos máis interesantes. Sexan filmes clásicos, películas restauradas ou as apostas máis arriscadas dos directores emerxentes, nestes lugares celébrase a excepcionalidade dun cinema que, supostamente, non ten cabida nas salas máis comerciais: aquí celébrase o acto do cinema (o coloquio, a exhibición no seu formato orixinal…),... Ler máis
FESTIVAIS DE CINEMA: UN MODELO A CAMBIAR
Foto: Daniel Gallego En paralelo ás proxeccións que o Festival de Cinema de Ourense programou na cidade durante 7 días, lugares coma o Café Pop Torgal, un dos epicentros culturais da cidade, acolleron diferentes presentacións, performances e debates. No ecuador do festival, Fran Gayo, director artístico do OUFF, moderaba unha mesa redonda sobre festivais de cinema que pretendía, non tanto solucionar un modelo que semella estar a quedarse obsoleto ou descompasado cos tempos,... Ler máis
ALBERT SERRA: “SON O MELLOR MONTADOR DO MUNDO. UN DIRECTOR DOS CINCO MELLORES. UN PRODUTOR NORMAL. E UN GUIONISTA BO”
Despois de colleitar éxitos e louvanzas por todo o mundo, Albert Serra (Banyoles, 1975) pasou polo CGAI para presentar La mort de Louis XIV (2016). Serra dispara conceptos que sosteñen a súa metodoloxía de traballo así como frases provocadoras contra actores, sector, etc., unha actitude que lle ten gañado o adxectivo de enfant terrible do cinema español. Acabo de decatarme de que no cartel de La mort de Louis XIV non sae ningunha produtora española. Bueno, así é a vida,... Ler máis
INFORME: CINECLUBISMO EN GALIZA
Unha sala de cinema, mediana. Cadeiras de veludo, pequenas, estreitas. Cores pasteis. O chan é de madeira, e renxe. Os espectadores escoitan a unha persoa falando fronte a eles. A pantalla está en branco, logo dunha proxección. A xente é nova. Leva cabelos longos. Hai moitas barbas na sala, moitos cigarros acesos e moito fume. É un cineclube. A imaxe mental que temos dun cineclube. Algo anacrónica, por certo, ancorada nos anos setenta. Un cineclube, porén, vén sendo calquera... Ler máis
O TRABALLO DIXITAL DE JAMES BENNING
Ruhr (James Benning, 2009) En The Virtual Life of Filme (2007), D.N. Rodowick puña en dúbida que o cinema dixital puidese realmente expresar ou transmitir duración do mesmo xeito que o cinema analóxico, xa que co dixital desaparece a indexicalidade da imaxe que foi garantía non só de realismo, senón do tempo no cinema. Tendo isto en conta, nun cineasta tan temporal como James Benning, que levaba toda a súa carreira traballando cunha Bólex 16mm, que supuxo o salto do analóxico... Ler máis
LARRY GOTTHEIM: MATEMÁTICA POESÍA
Sempre fun da idea de que os mellores poetas son aqueles que teñen un dominio perfecto da rima e a estrutura rítmica das estrofas. Ao igual que cos bos arquitectos, hai nos planos das palabras unha sorte de planificación milimétrica que achega a arte á ciencia. Esta matemática da estética é a que caracteriza tamén a un grande poeta da imaxe, absolutamente descoñecido en España: Larry Gottheim. Non sen razón o teñen asociado á segunda xeración de cineastas estruturalistas... Ler máis