DESDE SEMPRE XONXA E URXA ATÉ HOXE. HAI POLISEMIA NAS PAISAXES DO NOSO CINEMA?
Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A diversidade da paisaxe fronte á intención reducionista A mirada a Galicia debe ser polisémica e plural. E debe estar, porque o está, ligada á paisaxe. Con todo, o problema vén no intento de definir o propio termo paisaxe desde un ángulo limitado. Nunha fase de produción e consumo de imaxes estereotipadas, onde o urbano e o rural conviven nunha reducida simplificación dos seus significados, a paisaxe parece restrinxirse a un rol icónico... Ler máis
ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”
Adrián Canoura (1991, Burela) é unha das voces emerxentes do cinema experimental galego actual. Por iso, non sorprende que os seus filmes formen parte da escolma de traballos que o (S8) Mostra de Cinema Periférico programou coa ocasión das ‘Sinais en curto’. Aproveitando o seu paso polo certame coruñés, conversamos sobre o seu cinema, unha obra moi unida a Galicia traballada desde unha certeira intuición. O teu cinema traballa moito sobre a cultura galega, pero tamén... Ler máis
SINAIS EN CURTO 2018. EN TORNO Á MATERIA
Fotografía: María Meseguer Como cada ano, o (S8) Mostra de Cinema Periférico dedica unha sesión ao cine experimental e de vangarda que se produce en Galicia. Obras de cineastas que non poden faltar en calquera historia do cine galego xustapóñense a outras de autoras novas, demostrando tanto a riqueza interxeracional que existe como, precisamente, a posibilidade desa substitución. Os programas de carácter nacional difícilmente están atravesados por algún concepto que... Ler máis
LARA E NOA CASTRO: “UN DEBE APRENDER A APROPIARSE DO ERRO E DO AZAR E EXPLORAR QUE SE PODE OBTER DISO”
Lara e Noa Castro (Ferrol, 1999), estudantes de segundo curso de Belas Artes en Pontevedra, sorprenderon a moitos en 2017 coa súa peza O ollo cobizoso, realizada no marco na Chanfaina Lab. O filme formou parte da programación do (S8) Mostra de Cinema Periférico do ano pasado, dentro da sección Sinais, da que dimos conta aquí. A súa nova curta, Pezas imposibles (2018), de novo creada na Chanfaina, e de novo no Sinais deste ano, vai máis lonxe en complexidade e constata a... Ler máis
8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO
Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis
(S8) MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO: NOVA LEXISLATURA
O (S8) Mostra de Cinema Periférico sempre se caracterizou por unha programación que, na liña das propostas de vangarda que proxecta, privilexia o concepto. Tamén se ten xa instaurado coma o festival de España que máis coida o celuloide nas proxeccións, sendo fiel á materialidade do cinema coa que xogan os cineastas convidados. O que se lle ten criticado precisamente dende algúns sectores é que estea tan ligado ao formato, deixando de lado o cinema experimental que usa... Ler máis