BANDERSNATCH: ESPECTADORES, NETFLIX FARAVOS LIBRES
Cambia as reglas. Toma os mandos. Faino á túa maneira. Se o século XX foi o do eslogan “o cliente sempre ten a razón”, no XXI sempre temos o control, ou ao menos iso nos fan crer. “Don’t just win the game – change it”, rezaba hai pouco o anuncio da consultora danesa KPMG. Tamén a publicidade de The Legend of Zelda: Breath of the Wild prometía autonomía co seu “sinte a liberdade”. Incluso a política, atrapada como está na democracia sentimental, móvese... Ler máis
HER, de Spike Jonze
Que me perdoen os fans das batallas galácticas, pero a ciencia ficción que para min de verdade paga a pena non son as fantasías escapistas, senón as propostas que coa escusa do xénero (particularmente as distopías) permiten reflexionar sobre as nosas vidas cunha certa distancia. Nese sentido, a serie televisiva Black Mirror (Charlie Brooker, 2011-) é a que mellor está a capturar o zeitgeist destes días fugaces, case líquidos, que nos tocou vivir, sempre desde o marco... Ler máis