TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis

THE ACT OF KILLING, de Joshua Oppenheimer, Christine Cynn & Anonymous

Masacre. Ficción. Catarse “This is not fake! This is not fake!”. Unha voz traspasa a pantalla mentres o espectador contempla unha primeira escena desconcertante que máis ben semella inspirada nun anuncio publicitario kitsch ou nunha epopea de Bollywood: unhas bailarinas de estilo balinés danzan baixo unha onírica fervenza acompañando os arrítmicos movementos dun ancián cunha túnica negra e un home travestido embutido nun traxe de abelorios azul eléctrico. O fake... Ler máis

O MELLOR DE 2013

A continuación lístanse os vinte títulos máis valorados da tempada cinematográfica 2013 polos colaboradores da revista. Máis abaixo pódense consultar as votacións individuais e os seus participantes. Cada listaxe, de dez títulos, outorga 10 puntos ao primeiro, 9 ao segundo, e así sucesivamente, a non ser que se especifique outra modalidade de puntuación. 1. La vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013) 100 puntos / 13 votos 2. The Act of Killing (Joshua Oppenheimer,... Ler máis