A VIAXE DE LESLIE, de Marcos Nine
Todo herculino coñece esta historia: o actor británico Leslie Howard viaxaba en avión de Lisboa a Bristol, aló por 1943, cando foi abatido por cazas alemáns. Os restos do accidente descansan nalgún lugar da costa coruñesa de Cedeira, onde unha placa conmemora o suceso (ou o que nos contaron del). Por moito que un faga unha importante investigación xornalística ou histórica sobre as causas deste ataque, non poderá atopar a verdadeira razón pola que os nazis derrubaron... Ler máis
SKYFALL, de Sam Mendes
DOBRE ESTUDO DE XÉNERO Medio século de James Bond era algo a celebrar para a lexión de afeccionados ao axente secreto máis famoso da historia do cinema. O agasallo ía chegarlles na forma dun novo filme, ambicioso coma o que máis: Skyfall (Sam Mendes, 2012). Os seus responsables debían contentar, cando menos, a todos aqueles seguidores do Sean Connery máis duro, sofisticado, sarcástico e sedutor; e aos do retranqueiro, livián, tecnolóxico e surrealista Roger Moore. Esquezámonos... Ler máis