Vitorias agridoces dun camarada ianqui: Catro obras de Jon Jost
Last Chants for a Slow Dance (1977) Lembro estar vendo laSexta 3 (era pequeno, debía estar ou no último ano da primaria ou no primeiro da secundaria) e que falaran de Pulp Fiction como unha obra independente, barata, case underground. Non deixaban de repetir que a obra só custara oito millóns de dólares. “Só?”, preguntábase un novo e inocente Sohu. “Como que soamente oito millóns?”, repetía sen ser capaz de articular unha resposta. A miña mente preadolescente... Ler máis
O TRABALLO DIXITAL DE JAMES BENNING
Ruhr (James Benning, 2009) En The Virtual Life of Filme (2007), D.N. Rodowick puña en dúbida que o cinema dixital puidese realmente expresar ou transmitir duración do mesmo xeito que o cinema analóxico, xa que co dixital desaparece a indexicalidade da imaxe que foi garantía non só de realismo, senón do tempo no cinema. Tendo isto en conta, nun cineasta tan temporal como James Benning, que levaba toda a súa carreira traballando cunha Bólex 16mm, que supuxo o salto do analóxico... Ler máis
X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer
Bryan Singer non inventou a adaptación cinematográfica do cómic superheroico (sen ir máis lonxe, antes del Richard Donner e Tim Burton xa levaran con éxito á gran pantalla a Superman e Batman), mais o seu achegamento ao universo da Patrulla-X (X-Men, 2000; X2, 2003) desmarcouse do visto até entón e sentou as bases do que debería ser o filme de superheroes canónico e moderno: conxugando o respecto cara ao material de orixe coa achega de intelixentes novidades que logo... Ler máis