UNHA CRÓNICA DE 240 DÍAS EN COLOMBIA: DO NQS DE BOGOTÁ AO FICCI DE CARTAXENA DE INDIAS

Europa, ao meu ver, é como aquel ancián que xa pasou por todas as súas fases vitais, e agora, mirándose fixamente a uns ollos azul cobalto no espello do seu baño ben iluminado de mármore cor marfil, reflexiona de forma cómoda e fría sobre todo o que fixo. Sen xulgarse e sen arrepentirse de nada, ata chegar a xustificarse silenciosamente. Ese ancián comprensivo, sabio, gran demagogo, de corpo vigorosamente erguido e mente docemente maquiavélica, é verdadeiramente o Mefistófeles... Ler máis

LOS HONGOS, de Óscar Ruiz Navia

Unha constante actual en occidente é dar marcha atrás en materia de liberdade cidadá, como apuntan as protestas estudantís do pasado ano en México ou a aprobación da Lei Mordaza hai apenas uns meses en España. Porén, contra estas políticas da opresión e do medo, xorden movementos subterráneos que se moven por debaixo dun sistema corrupto e obsoleto á procura de novas vías de expresión. Ras e Calvin, os protagonistas de Los Hongos (Óscar Ruiz Navia, 2014), son dous... Ler máis