Locarno 2022: Un xénero en si mesmo
Piazza Grande de Locarno “Non creo necesariamente na división entre o cinema de xénero e o de autor”. Son palabras do director artístico do Festival de Locarno, Giona A. Nazzaro, en conversa con Geoffrey Macnab para o número de agosto de 2022 de Screen International. Excusiato non petita, que se adoita dicir por aquí. O pasado ano, na primeira edición que el capitaneaba, o comentario máis estendido foi que á beira do Lago Maggiore se instalara unha sorte de Sitges... Ler máis
X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer
Bryan Singer non inventou a adaptación cinematográfica do cómic superheroico (sen ir máis lonxe, antes del Richard Donner e Tim Burton xa levaran con éxito á gran pantalla a Superman e Batman), mais o seu achegamento ao universo da Patrulla-X (X-Men, 2000; X2, 2003) desmarcouse do visto até entón e sentou as bases do que debería ser o filme de superheroes canónico e moderno: conxugando o respecto cara ao material de orixe coa achega de intelixentes novidades que logo... Ler máis
DJANGO UNCHAINED, de Quentin Tarantino
Que Quentin Tarantino é un cineasta controvertido é un feito indiscutíbel. Amado e odiado a partes iguais, a súa carreira está marcada pola súa cinefilia e gusto polo cinema de culto, a súa capacidade para rescatar vellas glorias, as súas narrativas violentas e un sentido do humor vándalo, ferinte e mordaz. Nunha filmografía tan coherente como ateigada de matices, a característica máis visíbel da obra de Tarantino é a súa habilidade para abordar un xénero e renderlle... Ler máis