‘APPROACHING THE ELEPHANT’ E O DIRECT CINEMA
Cando un entra nunha sala de cinema para ver un filme sobre unha Escola Libre en New Jersey dunha autora norteamericana novel que traballou na produtora fundada polos irmáns Maysles agarda atopar un retrato próximo e revelador no que os protagonistas amosen as súas experiencias, cunha proposta formal que se achegue moito ao estilo de cinema directo dos irmáns Maysles, mais… en que medida Approaching the Elephant (Amanda Rose Wilder, 2014) segue os preceptos do cinema... Ler máis
Claire Simon: Liberdade e movemento
O que me interesa non é a perfección, senón máis ben a idea de estar á fronte, alí onde todo é incerto, onde se move o mundo Claire Simon A última edición de Play-Doc homenaxeou á cineasta francesa Claire Simon (Londres, 1955) cunha retrospectiva que logo recuperou o CGAI coruñés. A súa presenza en Tui serviu para compartir impresións e dúbidas co público arredor dunha traxectoria de corazón combativo e talante observador. Calquera combinación das súas obras... Ler máis
(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN
Agradezo antes que nada a paciencia dos directores de A Cuarta Parede con respecto a este artigo, co cal me comprometín hai xa un tempo. Ao mesmo tempo gustaríame darlles as grazas por ofrecer un espazo para reivindicar e dar a coñecer ao que considero un cineasta fundamental do século pasado no panorama europeo, e ao que, segundo a miña humilde opinión, non se lle ten tido na consideración que merecería. Mais, como todo nesta vida, esta valoración é subxectiva, porén... Ler máis
DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)
É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis
DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA
Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis
PLAY-DOC 2013: RETORNO AO FOGAR
No Play-Doc de 2012 houbo unha temática común nas películas a concurso. Eran películas viaxeiras, onde o director ía na busca de algo que non tiña moi claro. Dunha busca estética no caso de Ben Rivers, na busca dun rexistro social, incluso antropolóxico en Yatasto, Viktor Kossakovsky buscaba o paraíso perdido, Mirage de Srdan Keca filmaba o futuro ameazante do capitalismo nas novas torres que se levantaban no deserto de Dubái, e Xurxo Chirro apropiábase do material... Ler máis
A CIDADE NO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS: MODERNIDADE DIXITAL
A primeira nova que tivemos en Europa de que algo se estaba a mover nos anos 90 no documental chinés foi se cadra a partires do premio acadado por No. 16 Barkhor South Street (Duan Jinchuan, 1996) no prestixioso festival Cinéma du Réel. A irrupción deste filme en Occidente foi só “a punta visible dun poderoso iceberg cuxa violenta deriva viría a conmocionar as supostamente ben cartografadas augas da produción documental dos 90”1. En esencia, cando nós xa estabamos... Ler máis
Procesos #10 – Ross McElwee
O seguinte texto pertence á presentación de Photographic Memory no CGAI o 12 de abril de 2012. Acompáñase unha entrevista que se lle fixo a Ross McElwee na pasada edición de Play-Doc. Esta será substituída por un vídeo-crónica dos seus días no festival nas vindeiras semanas. Retrospectiva de Ross McElwee no CGAI do 12 ao 24 de abril, organizada por Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui. __________ Presentar Photographic Memory (2011),... Ler máis