(S8) Mostra de Cinema Periférico 2024: Á espera dunha imaxe
Turin, de Rhayne Vermette (2015) Unha casa é as ruínas dunha casa, / unha cousa ameazadora á espera dunha palabra. Ao longo da semana, mentres seguía os programas da (S8) Mostra de Cinema Periférico desde a penumbra da miña habitación —outro ano que non me puiden achegar á Coruña, outro ano que perdín a dimensión importantísima da materialidade das películas—, estiven relendo o poeta portugués Manuel António Pina. Substitúo palabra por imaxe e tomo estes versos... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada
Transitions, de Barbara Sternberg (1982) A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou este ano a súa décimo cuarta edición, convidándonos unha vez máis a afastarnos do centro cara ás marxes do cinema. Alí, o xesto cinematográfico dáse case en soidade, á marxe de grandes estruturas, e cobra por iso unha liberdade maior. A periferia devén espazo de xogo, rexistro, experimentación, cunha gran variedade de propostas que, desde ópticas moi distintas, empuxan cara a un... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos
Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2021
A mostra que conquista o corazón dos seguidores do cinema máis experimental volveu á cidade da Coruña fai uns días. Do 28 de maio ao 6 de xuño, o (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou a súa XII edición, apostando de novo polo formato dual, combinando presencialidade con contido online. Un acerto de xestión en tempos de pandemia, mais tamén no actual mundo transmedia. Dentro da ampla programación do festival, recollemos unha selección co mellor deste ano: Val... Ler máis
ALÉN DO FOTOGRAMA (III)
Bill Brand xunto a Ángel Rueda na (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Vén de aquí) Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. A serie de Cartoons está chea de “enigmas e bromas sobre os conceptos do cinema experimental”, nas súas palabras. En Before the Fact [1974] Saul Levine e unha muller repiten unha frase gravada falada por Levine unha e outra vez até que perde o significado. Unhas voces fóra de campo dan instrucións. De quen... Ler máis
ALÉN DO FOTOGRAMA (II)
Bill Brand xunto con Elena Duque no (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Viene de aquí) Puedes leer el texto en su versión original aquí. Tamén ten feito instalacións. As instalacións foron parte da miña práctica desde moi cedo. En 1971 fixen unha peza chamada Pong Ping Pong na que construín unha máquina demente que fai rotar un espello e proxecta unha imaxe 360º arredor dunha serie de pantallas en círculo formando unha especie de crómlech.... Ler máis
ALÉN DO FOTOGRAMA (I)
Fotografía: María Meseguer Podes ler a entrevista na súa versión orixinal aquí As películas de Bill Brand oscilan entre a abstracción e a figuración e son un tratado sobre a política da visión e sobre como o público se enfronta á lectura das imaxes. As súas primeiras obras analíticas (estruturais) como Moment (1972), Demolition of a Wall (1973) ou Touch Tone Phone Film (1973) interpretaban o fotograma como a unidade temporal máis breve (como “momento”). Pero... Ler máis
MALCOLM LE GRICE: PROMOVER UNHA NOVA CULTURA E INFILTRARSE NAS INSTITUCIÓNS
Fotografía: María Meseguer Podes ler este artigo na súa versión orixinal en inglés. Preludio En maio de 2016 atopábame en Londres, no BFI, para asistir a unha sesión especial de Malcolm Le Grice. Un acontecemento tan raro que me levou a pensar que podería ser a miña primeira e última oportunidade de ver a Le Grice en directo interpretando a súa icónica Horror Film 1 (1971). O programa nocturno tamén incluía Threshold (1972) e After Leonardo (1973), da cal podedes... Ler máis
MOVIMCAT: CINEFILIA E COMISARIAR O DISPOÑIBLE
Stefano Miraglia no II Seminario de Crítica e Programación Online. Fotografía: María Meseguer Ler este artigo na súa versión orixinal en inglés. A cinefilia introduciuse na miña vida dunha forma moi estraña. Non foi nunha sala de proxección, malia que tamén vía moitas películas no cine. Foi no meu dormitorio, vendo o programa de televisión Fuori Orario (a versión italiana de After Hours) pola noite en RAI 3, a terceira canle da televisión pública. O programa podería... Ler máis
ABERTA A INSCRICIÓN PARA O SEMINARIO DE CRÍTICA E PROGRAMACIÓN ONLINE
O cinema experimental apostou sempre polo cinema no seu formato orixinal, sendo o feito cinematográfico da proxección en formato filme un dos eixos centrais. Porén, o experimental non está enfrontado coa evolución tecnolóxica. O II Seminario de Crítica quere facer fincapé este ano no mundo online como un espazo onde o cinema experimental debe seguir a súa expansión en busca de novos públicos: ben desde a crítica cinematográfica, ben desde a programación de filmes. A... Ler máis