O canon: un espellismo de normatividade
Salvaxe Salvaxe, de Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. A composición dunha sociedade consta de múltiples elementos que operan entre si para resultar nunha estrutura sistémica evolutiva. Dentro destes elementos atópanse: o contexto histórico, a educación, a cultura, a arte, a ciencia, os aspectos demográficos e, desde logo, a tecnoloxía, entre... Ler máis
As etiquetas do cine tamén van e veñen
Santoalla, de Andrew Becker & Daniel Mehrer Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Na primavera chega sempre o Play-Doc, o festival de cine documental de Tui, que nesta edición cumpriu 20 anos de traballo divulgativo incansable e con moitos momentos importantes e inesquecibles, e sempre moi agarimoso co cinema de non ficción feito no país e coas súas equipas, que seguen alá concentrándose... Ler máis
Número 45
O día 4 de febreiro de 2011, na cidade da Coruña, presentábase oficialmente A Cuarta Parede, a primeira revista dixital de crítica cinematográfica en galego. Un proxecto que nacía coa vocación clara de abrir un espazo para a reflexión cinematográfica na nosa lingua, prestando especial interese a ese cinema que moitas veces se atopa nas marxes. O obxectivo da revista nunca foi competir pola instantaneidade, polo volume das publicacións ou o número de visitas, senón... Ler máis
Ons, de Alfonso Zarauza
Situada na entrada da Ría de Pontevedra atópase a Illa de Ons. Un paraíso atlántico que contén un dos lugares máis estraños e pintorescos da nosa orografía: o Buraco do Inferno. Esta greta vertical a modo de pozo, que conecta directamente co mar, emite tenebrosos sons os días de temporal. Conta a lenda que se trata dos berros e saloucos das almas arrastradas polo demo, e para moitos non é o mar o que se atopa ao fondo da fisura, senón o mesmo Inferno. Alfonso Zarauza... Ler máis
Trinta Lumes, de Diana Toucedo
Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis
Procesos #17 – Ramiro Ledo
Vídeo-entrevista que imita a escena máis longa de Vida Extra, de Ramiro Ledo. Un único plano fixo ao redor dunha mesa, no que existe asincronía nas voces e invertido para dificultar a identificación de quen fala. __________ Mudar de Imaxe / Imaxes de Mudanza En Changer d’image – Lettre à la bien-aimée (1982), unha curtometraxe de Jean-Luc Godard sobre a súa pasaxe por Mozambique como asesor do goberno de Samora Machel no proceso de creación da televisión... Ler máis
A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO
O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis