Indielisboa 2020 (2/2): Notas dun festival relaxado
Comentabamos xa na nosa anterior crónica do Indielisboa que foi un verdadeiro pracer poder acudir a un festival no que o cinema acontecera na gran pantalla. Por moi práctico que sexa ver filmes dende a comodidade do noso sofá; camiñar pola cidade, atoparte con vellos colegas e coñecer outros novos, estar na intimidade dunha sala ben acompañado, mais ao tempo, ti só co filme que se proxecta ante ti, iso non ten prezo. A relación que se establece co cinema non é a mesma... Ler máis
CERTAIN WOMEN, de Kelly Reichardt
Reichardt’s Cutoff Kelly Reichardt continúa neste novo filme co seu traballo, case sociolóxico, de reflexionar sobre a América profunda, rural e esquecida;ese vello e mítico Oeste, o territorio máis recorrente na súa filmografía: Oregón en Old Joy (2006), Wendy and Lucy (2008), Meek’s Cutoff (2010) e Night Moves (2013), e agora Montana en Certain Women (2016). Esta América desencantada e abandonada, vítima da globalización e da especulación financeira, semella... Ler máis
RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’
Charles Burnett non che vos é ningún one-hit wonder, como proban a retrospectiva que lle adica este ano o festival Play-Doc e mais a publicación que leva emparellada: Charles Burnett. Un Cineasta Incómodo, editada por dous compañeiros desta revista, María Míguez e Víctor Paz Morandeira. Este volume, dunha banda, enche unha lagoa bibliográfica, xa que é a primeira monografía que aparece en castelán adicada a este cineasta; mentres que doutra, serve para pór aos cinéfilos... Ler máis
Número 30
Charles Burnett é un dos nomes máis descoñecidos e relevantes do cinema independente estadounidense dos últimos corenta anos. A súa primeira longametraxe, Killer of Sheep (1977), é unha desas xoias ás que o cinéfilo atento chega logo de atopala en lecturas aquí e acolá. Pode que se cadra a vise listada entre o mellor da década dos setenta por Jonathan Rosenbaum, ou que vise unha das súas imaxes icónicas, sen saber moi ben a que filme se refería. Descubrir Killer... Ler máis
LAS PALMAS 2016
“Apostamos por la cultura” Así dicía o logo da televisión autonómica que aparecía antes da proxección das curtametraxes canarias a concurso. Alguén berra, risas na sala, burlas. A nova e prometedora xeración de cineastas canarios amosou as súas obras durante o primeiro fin de semana do festival. Dividido en dúas seccións, longa e curtametraxes, o foco canario permitiu que nos achegáramos ás pezas dos cineastas locais, un amplo abanico de obras moi ricas e interesantes... Ler máis
DEBATE SOBRE DISTRIBUCIÓN (1/2)
O mercado da distribución, coma o da produción e a exhibición, está a cambiar moito cos adiantos tecnolóxicos da proxección dixital en DCP e vai unido moi estreitamente á aparición de salas, que programan fóra das grandes superficies propostas independentes e en versión orixinal. As novas distribuidoras de cinema independente que tamén viñeron aparecendo nos últimos tempos chegan para fornecer de contido a esas salas, nun sector moi precarizado, mais no que parecen... Ler máis
FICX 2014 (I/III): SECCIÓNS ROUBADAS
A 52ª edición do Festival Internacional de Cinema de Xixón deunos a oportunidade de gozar durante nove días intensos, do 21 ao 29 de novembro, de bo cinema, presentacións emocionantes, sidra natural e moi boa mesa. Para min foi a primeira vez na cidade e a primeira vez no FICX, así que sorprendido e resaltado pola cantidade de salas, seccións e actividades paralelas. Por forza houbo que elixir, descartar algunhas seccións para decantarse por outras, e con sorte, entre... Ler máis
THE FRENCH KISSERS, de Riad Sattouf
Unha vez máis, unha produción europea cunha loable folla de servizos chega cunha notable dilación ás nosas pantallas. Nin tan sequera o seu grande rendemento na billeteira gala, un César á mellor ópera prima ou a súa presenza na sección oficial de Xixón no 2009 foron o suficientemente consistentes para reducir este lapso de demora a un punto máis lóxico. Por outra banda, aínda que a súa natureza e o seu público obxectivo máis evidente pareza moi acorde coas tendencias... Ler máis