MIA MADRE, de Nanni Moretti
Unha mirada cansa, unha vía intravenosa, a habitación dun hospital. Marguerita senta ao carón da súa nai. Despois de Habemus Papam (2011), unha sátira que circula ao redor dos funcionarios de Deus, Nanni Moretti deixa de lado o sarcasmo que caracteriza os seus filmes para tratar un tema autobiográfico e introspectivo, a enfermidade da súa propia nai. Mais o director italiano decide que será unha muller a que interprete o que él viviu uns anos atrás. Mia Madre retrata... Ler máis
YOUTH, de Paolo Sorrentino
“Non é La Gran Belleza”. Por suposto que non o é. As comparacións son ineludibles, tanto La Gran Belleza (2013) como Youth (2015) tratan o transcurso do tempo, de canto pasou e do que queda por diante. En ambas se evalúa unha vida na que aínda quedan asuntos pendentes, as dúas tratan sobre a xuventude e a vellez, o pasado e o futuro, a amizade e a soidade. Pero La Gran Belleza é, ao fin e ao cabo, unha festa. Youth é calma, sosego, quietude. Un director de orquesta... Ler máis
LA GRANDE BELLEZZA, de Paolo Sorrentino
Roma era unha festa Que La grande bellezza (Paolo Sorrentino, 2013), un mordaz retrato dos usos e costumes da jet set italiana en pleno ocaso da era de Silvio Berlusconi, fose financiada por Mediaset resulta cando menos curioso. Sobre todo porque Paolo Sorrentino non se queda á metade na súa embestida contra a plana maior do establishment romano: nobres vidos a menos (que se alugan para soirées), burgueses arribistas, intelectuais arrimados ao poder, artistas conceptuais (que... Ler máis
LA MIGLIORE OFFERTA, de Giuseppe Tornatore
A priori, a sinatura de Giuseppe Tornatore tería que ser un aval para La migliore offerta (2013), sobre todo cando este filme chega á carteleira en plena seca estival. Antes e despois da súa estrea mencionouse unha e outra vez o bo sabor de boca que deixara, hai xa un cuarto de século, Nuovo Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988); un sabor, que, para algúns rezumaba demasiado azucre, mais que daquela consagrou a Tornatore como unha nova promesa do cinema europeo. Tras... Ler máis