Play-Doc 2023: Imaxes ao bordo da desaparición

Hanging Out Yonkers, de Chantal Akerman Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui). A cidade fronteiriza de Tui, atravesada por movementos perpetuos — o correr do río Miño cara ao Atlántico, o fluxo de peregrinos cara a Santiago —, parece o lugar idóneo para repensar unha historia do cinema. Aí celébrase cada ano o Play-Doc, cuxa programación... Ler máis

Dar Ghorbat, de Sohrab Shahid Saless

Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui). Podes ler o texto na súa versión orixinal en portugués aquí. Nein! Deutschland gut! Sohrab Shahid Saless (1944–1998) foi unha figura esencial da primeira xeración da nova vaga iraniana. Traballou no Kanun, onde foi unha influencia para Abbas Kiarostami; en 1975 emigra á República Federal Alemá, despois... Ler máis

Retrospectiva de Salvador Gijón, pioneiro ao tempo que descoñecido

Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui), como unha proposta de programación. Con motivo do achado en Francia dunha curtametraxe titulada Cuca y el pájaro Maletillas, ábrese ante nós a filmografía dun descoñecido, ao tempo que pioneiro, realizador español de películas de animación: Salvador Gijón (1902–1981). Iniciou a súa carreira como animador... Ler máis

Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica e programación de cinema restaurado’

Dende A Cuarta Parede levamos anos reivindicando o papel fundamental das filmotecas e dos arquivos como espazos de resistencia e custodios da memoria fílmica dun pobo (como acredita o noso Número 37). A supervivencia destes lugares, e do valioso patrimonio cultural que atesouran, semella estar constantemente ameazada (tanto polas dificultades técnicas que implica a preservación do material en celuloide, como pola falta de apoio institucional en moitos territorios). Ante esta... Ler máis

SEFF 2022 (IV): Cara a outra historia do cinema europeo

Tri (Aleksandar Petrović, 1965) O Festival de Sevilla presentou por segundo ano consecutivo a sección ‘Hacia otra historia del cine europeo’, cunha presenza de oito películas. Ademais, redobrou a súa aposta polo cinema de patrimonio coa organización dun encontro entre programadores de filmotecas e festivais, para analizar as relacións entre ambas institucións en torno á inclusión de títulos restaurados nos seus programas. A idea é resaltar fitas que non... Ler máis