Los indeseables, de Ladj Ly
Nada é doado Poucas cousas neste mundo son sinxelas. Todo ten varias capas ou matices sobre os que poder reflexionar se se pon o empeño suficiente. Amor, amizade, pobreza, familia e, nunha escala moito menos transcendental, o cine. Cada película pode ser interpretada de maneiras moi distintas segundo os ollos que a miren. Este é o caso de Los indeseables, dirixida e coescrita polo francés Ladj Ly. Aforrarei tempo ás persoas que lean esta crítica: esta cinta trata sobre... Ler máis
Leon Hirszman: O inferno (non) son os demais
Nelson Cavaquinho (1969) Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Existe un cine máis aló do canon oficial, daquel que aparece nos libros de historia do cine, un cine recluído nas súas fronteiras orixinais ou en círculos pechados e de difícil acceso. Grazas ao labor de curadores, críticos e festivais, estas obras conseguen saír á luz, chegar ao gran público e dalgunha maneira reinventar... Ler máis
La mala familia, de Nacho Villar e Luis Rojo
A falsa sensación de liberdade de decisión Todos somos fillos de alguén. Todos tivemos nalgún momento un familiar que mirou por nós, e probablemente outro que só quixo afundirnos. Non escollemos quen leva o noso sangue, o único que podemos facer é tratar de asumir a nosa árbore xenealóxica o mellor posible. O que si podemos escoller son as nosas amizades, a familia que non é de sangue, pero si de corazón. Somos animais sociais, e a xente coa que decidimos pasar o... Ler máis
LAZZARO FELICE, de Alice Rohrwacher
LÁZARO O RESUCITADO NA CAVERNA DE PLATÓN [crítica con spoilers] Lazzaro vive xunto aos seus paisanos na vila de La Inviolata, un ambiente moi rural onde se traballa a terra ata a extenuación e onde el semella ser o último branco nunha longa cadea de explotación que comeza polas malas formas dunha marquesa que parecese sacada dun conto dos irmáns Grimm. O rapaz non é moi espelido, é un deses parvos sabios e, carecendo de miolo, desborda bondade e candidez. Diríase que... Ler máis
A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho
Sabemos o que non queremos: nin demagoxia, nin desposesión. Non queremos un capital que esvaeza de súpeto deixando un ronsel de traballadores desempregados e fábricas abandonadas, nin que nolo conten unha e outra vez do mesmo xeito, coa mesma mecánica oxidada. Os camaradas da produtora Terratreme son os primeiros que non queren filmes resesos. Teñen unha historia: unha fábrica autoxestionada que sobreviviu á fuga dos seus patróns, nos tempos da Revolución dos Cravos.... Ler máis
CANNES DÍA 8: UNHA VOLTA AO CINEMA SOCIAL
É moi habitual ver cinema de tipo social na Croisette. O que non é tan común é que coincidan uns pesos pesados coma os irmáns Dardenne e ao tempo apareza Kleber Mendonça Filho con Aquarius (2016), ascendendo coma un dos grandes nomes do cinema de América Latina. O brasileiro confirma as expectativas depositadas nel logo da súa ópera prima en Rotterdam, O Som Ao Redor (2012), que xa reflexionaba sobre os cambios urbanísticos en Brasil cunha concepción do espazo e do... Ler máis
CANNES DÍA 2: A FEIRA DOS MENTIREIROS
Onte con Café Society (2016), Woody Allen abría este festival cunha de mentireiros que se autoenganan a si propios e ao seu entorno para vivir máis tranquilos (ou esa é a intención inicial). Cristi Puiu inaugurou a sección oficial competitiva cunha película que pode ser mesmo máis cómica que a de Allen, pero tamén máis aceda, nas Antípodas do vitalismo fatalista-melancólico que desprenden os personaxes de Eisenberg e Stewart. En Sieranevada (2016) todo é árido,... Ler máis
O CINEMA FRANCÉS PON FACE Á CRISE
Aos seus cincuenta e un anos, Thierry (Vincent Lindon) leva vinte meses en paro. En La loi du marché (Stéphane Brizé, 2015) acompañámolo na súa procura de emprego e nos seus esforzos por manter unha vida familiar malia as circunstancias. Cando por fin aparece o traballo, é para desvelar un mundo laboral rexido polo medo: a ameaza constante do paro pon a proba non só a competencia do traballador, senón os límites da súa ética. Thierry descubrirá así que a súa función... Ler máis
Claire Simon: Liberdade e movemento
O que me interesa non é a perfección, senón máis ben a idea de estar á fronte, alí onde todo é incerto, onde se move o mundo Claire Simon A última edición de Play-Doc homenaxeou á cineasta francesa Claire Simon (Londres, 1955) cunha retrospectiva que logo recuperou o CGAI coruñés. A súa presenza en Tui serviu para compartir impresións e dúbidas co público arredor dunha traxectoria de corazón combativo e talante observador. Calquera combinación das súas obras... Ler máis
PELO MALO, de Mariana Rondón
Ultimamente, as circunstancias xeopolíticas e as tendencias mediáticas ditan que toca falar de Venezuela, e non de Colombia. A pena é que se fala moito pero se di pouco; o debate fica en meras charabiscas e titulares sobre se a poboación non ten papel hixiénico ou se a Maduro se lle aparece un paxariño, mais sen chegar a analizar o chavismo e a súa herdanza en profundidade. E tamén amola que a maioría das opinións que consumamos sexan en realidade visións dende aquí... Ler máis