MATTHIAS MÜLLER E O CINEMA DE APROPIACIÓN

Ao referirnos ao cinema de apropiación, é necesario “diferenciar entre exploración e explotación”. Con esta elocuente e perspicaz distinción finalizaba Matthias Müller a conferencia que ofreceu o pasado 4 de novembro na xornada inaugural do Xperimenta ’11, celebrado no CCCB. Este relatorio foi a primeira parte dun programa dobre titulado, agudamente, Thieves Like Me, e na que o prestixioso artista audiovisual alemán realizou un ilustrativo itinerario pola historia... Ler máis

COMBATES MARXINAIS E COMBATES MARXINADOS (Parte I)

AS TRINCHEIRAS DO CINEMA MILITANTE ESPAÑOL DOS ANOS SETENTA · O presente artigo é a primeira entrega dun dossier na que exporemos unha panorámica do cinema militante español da década de 1970. Neste primeiro texto, contextualizaremos a aparición deste cinema combativo e clandestino a finais da década de 1960, paralelamente ao xurdimento dunha práctica cinematográfica marxinal antifranquista. Esta heteroxénea fronte antirréxime englobaba un variado mosaico fílmico,... Ler máis

ENTRE O CINEMA TRANCE E A ETNOGRAFÍA

Cineasta, actriz, activista e teórica. Dicía Bill Nichols de Maya Deren que “a súa filosofía e estética, cunha formidable insistencia na dimensión ética da arte, continúa sendo inapreciada, mentres que o seu status como feminista pioneira e promotora emprendedora parece encaixar máis confortablemente coas realidades do cómodo mercado da arte e da creación de reputacións individuais” (1). E é que ata máis esquecidas que as súas películas están os seus escritos:... Ler máis