Procesos #25 – CGAI

Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis

OUFF 2017: O PERSOAL É POLÍTICO

Este lema feminista semella funcionar na programación da 22ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense coma unha sorte de declaración de intencións. Algúns dos filmes programados collen como bandeira estas palabras para debuxar historias crúas, cargadas de realismo, que nos sitúan contra as cordas como partícipes dunha sociedade caduca na que cómpre replantexarse os piares sobre os que construímos. Baronesa (Juliana Antunes, 2017) Como non podía ser doutra... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: UN MODELO A CAMBIAR

Foto: Daniel Gallego En paralelo ás proxeccións que o Festival de Cinema de Ourense programou na cidade durante 7 días, lugares coma o Café Pop Torgal, un dos epicentros culturais da cidade, acolleron diferentes presentacións, performances e debates. No ecuador do festival, Fran Gayo, director artístico do OUFF, moderaba unha mesa redonda sobre festivais de cinema que pretendía, non tanto solucionar un modelo que semella estar a quedarse obsoleto ou descompasado cos tempos,... Ler máis

CONSIDERACIÓNS DO PROGRAMADOR DUN CINECLUBE SOBRE O EXERCICIO DO SEU LABOR

Unha das conclusións que se poden tirar lendo os artigos do monográfico deste mes n’A Cuarta Parede é que a pesar de ter obxectivos comúns, cada cineclube é un pouco do seu pai e súa nai. Aínda que unha visión panorámica deste sector aporta unha idea xeral do conxunto, apetecíame contribuír a esta antoloxía con varias notas específicas dun caso de estudio concreto. Pode haber certas verdades universais nas observacións que compartirei a continuación, pero... Ler máis

INFORME: CINECLUBISMO EN GALIZA

Unha sala de cinema, mediana. Cadeiras de veludo, pequenas, estreitas. Cores pasteis. O chan é de madeira, e renxe. Os espectadores escoitan a unha persoa falando fronte a eles. A pantalla está en branco, logo dunha proxección. A xente é nova. Leva cabelos longos. Hai moitas barbas na sala, moitos cigarros acesos e moito fume. É un cineclube. A imaxe mental que temos dun cineclube. Algo anacrónica, por certo, ancorada nos anos setenta. Un cineclube, porén, vén sendo calquera... Ler máis

OS CINÉFILOS GALEGOS, Á PROCURA DE SALAS

Meu tío conta nas comidas familiares a mesma historia, como unha vez ao ano, para seguir a tradición. De como a miña nai o levou ver un tostón de filme lentísimo, que non acababa máis. A experiencia debeuno deixar traumatizado, pois décadas despois, ese recordo segue vivo na súa memoria. Polo que din, era unha de Bergman. Non están seguros, mais cren que El manantial de la doncella (1960). Sempre gustei desa historia, porque como cinéfilo posmoderno (ou algo así), nunca... Ler máis