MOVIMCAT: CINEFILIA E COMISARIAR O DISPOÑIBLE
Stefano Miraglia no II Seminario de Crítica e Programación Online. Fotografía: María Meseguer Ler este artigo na súa versión orixinal en inglés. A cinefilia introduciuse na miña vida dunha forma moi estraña. Non foi nunha sala de proxección, malia que tamén vía moitas películas no cine. Foi no meu dormitorio, vendo o programa de televisión Fuori Orario (a versión italiana de After Hours) pola noite en RAI 3, a terceira canle da televisión pública. O programa podería... Ler máis
OUFF 2017: O PERSOAL É POLÍTICO
Este lema feminista semella funcionar na programación da 22ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense coma unha sorte de declaración de intencións. Algúns dos filmes programados collen como bandeira estas palabras para debuxar historias crúas, cargadas de realismo, que nos sitúan contra as cordas como partícipes dunha sociedade caduca na que cómpre replantexarse os piares sobre os que construímos. Baronesa (Juliana Antunes, 2017) Como non podía ser doutra... Ler máis
PABLO HERNANDO: “PARA MIN NON HAI NADA MÁIS BONITO QUE ESTAR DENTRO DUNHA PELÍCULA E NON ENTENDELA”
Dentro da programación de xaneiro do CGAI, Pablo Hernando (Vitoria-Gasteiz, 1986) foi convidado para presentar os filmes Esa sensación e Berserker. A súa aposta autoral mestura comedia negra e drama con toques de ciencia ficción en películas que son á par inexplicables e aditivas. Na biblioteca da filmoteca comezamos a nosa conversa falando de Carlo Padial, cuxa entrevista na revista tivo unha gran acollida nas redes sociais grazas á difusión a través do twitter do director... Ler máis
NICOLAS WINDING REFN: VIOLENCIA E ESTÉTICA
Con 10 películas ás súas costas, o director danés Nicolas Winding Refn (Copenhague, 1970) gañou as louvanzas e as críticas do gran público. Etiquetado como “o director de Drive (2011)”, Refn é fiel a un estilo de facer cine que é constante desde as súas primeiras obras; filmes que, a pesar de non ser excesivamente coñecidos, teñen acadado unha cota ‘cine de culto’ dentro da filmografía danesa. A influencia do seu estilo resúmese nas declaracións do actor... Ler máis
CONSIDERACIÓNS DO PROGRAMADOR DUN CINECLUBE SOBRE O EXERCICIO DO SEU LABOR
Unha das conclusións que se poden tirar lendo os artigos do monográfico deste mes n’A Cuarta Parede é que a pesar de ter obxectivos comúns, cada cineclube é un pouco do seu pai e súa nai. Aínda que unha visión panorámica deste sector aporta unha idea xeral do conxunto, apetecíame contribuír a esta antoloxía con varias notas específicas dun caso de estudio concreto. Pode haber certas verdades universais nas observacións que compartirei a continuación, pero... Ler máis
Jonathan Rosenbaum: “O bo cinema ensínache como vivir” (1/2)
“A filmoteca está xusto ao final desta rúa, verdade?” Así é. O meu acompañante oriéntase ben. Saímos do Museo Reina Sofía e parámonos nunha terraza na rúa de Santa Isabel. Aínda que fai 11 anos que non visita Madrid, sitúa perfectamente os principais museos e institucións do centro da capital. “Adoitaba ficar por esta zona, por iso a coñezo; Carlos Heredero convidoume antes de fundar Caimán. Cuadernos de Cine e foi un gran guía. A miña intención... Ler máis
O DEBATE DOS CINECLUBES (III): ACTIVIDADES, FINANCIAMENTO E MEDIOS TÉCNICOS
Cineclube Lumière Terceira e última parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo de Ourense). Podedes ler a primeira parte aquí e a segunda parte aquí. 5. As Actividades ACP:... Ler máis
O DEBATE DOS CINECLUBES (II): PROGRAMACIÓN E PÚBLICO
Segunda parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo de Ourense). Podedes ler a primeira parte aquí. 3. A Programación ACP: Cal sería o voso criterio de programación? Manuel... Ler máis
O DEBATE DOS CINECLUBES (I): FUNCIÓN E ORGANIZACIÓN
Cando o público espertou, os cineclubes seguían alí, alleos á dinámica de eventos, fornecendo aos espectadores dunha programación regular, porque o pracer de ver un bo filme ben acompañado non ten porqué depender do calendario. Os cineclubes son o pasado e o presente da cinefilia. Son un lugar onde atopar aos amigos nunha tarde calquera, nun lugar calquera. E son un feixe deles, cando menos en Galiza e en Portugal. Por iso, dende A Cuarta Parede, quixemos falar cos responsábeis... Ler máis
A CINEFILIA NOS TEMPOS DO EMULE
A finais dos anos noventa, un cinéfilo de provincias tiña moi poucas oportunidades para ter unha oferta cinematográfica variada. As súas achegas ao cinema seguramente se reducían aos filmes de Hollywood e aos clásicos europeos que os medios publicitarios aceptaran como válidos. Os cinéfilos que somos de pequenas vilas non coñeciamos filmotecas nin festivais, e o noso contacto coa versión orixinal reducíase a unhas poucas sesións de madrugada nalgunhas canles de televisión.... Ler máis