ATRAVESADAS POLO CINEMA

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis

SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro

 O nacemento dunha nación  Escribo isto porque un día por gmail chegou o encargo de apañar “unha crítica de Sempre Xonxa, pero é difícil sacar adiante unha crítica de Sempre Xonxa, trinta anos despois, sen sentir que nos dedos latexa un pulso de impertinencia; unha certa gravidade. Pero niso estamos. O que vén agora non é tanto unha crítica como unha sucesión bardalleira de reflexións breves e nebulosas que dan voltas alporizadamente ao redor dunha rotonda –sendo... Ler máis

DESDE SEMPRE XONXA E URXA ATÉ HOXE. HAI POLISEMIA NAS PAISAXES DO NOSO CINEMA?

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A diversidade da paisaxe fronte á intención reducionista A mirada a Galicia debe ser polisémica e plural. E debe estar, porque o está, ligada á paisaxe. Con todo, o problema vén no intento de definir o propio termo paisaxe desde un ángulo limitado. Nunha fase de produción e consumo de imaxes estereotipadas, onde o urbano e o rural conviven nunha reducida simplificación dos seus significados, a paisaxe parece restrinxirse a un rol icónico... Ler máis

CONTINENTAL, de Xavier Villaverde

Continental foi a película elixida para abrir Cinegalicia o 23 de novembro do ano 1989. Estaba dirixida por Xavier Villaverde, que xa tiña certo percorrido no audiovisual, especialmente no vídeoarte e a curtametraxe. Continental era a súa primeira e prometedora longametraxe, que lle valeu a candidatura ao Goya como mellor director novel. Villaverde quixo experimentar cos esquemas do cine de gánsteres feito dende Galicia. Non obstante, Continental non é unha historia que... Ler máis

URXA, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal

 O 24 de novembro de 1989, no Teatro Cine Fraga de Vigo, tiña lugar a estrea pública de Urxa, escrita e dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, durante a segunda xornada daquel fito histórico chamado Cinegalicia. Tal e como apuntaban algunhas crónicas do momento, o filme partía dende o inicio como o “patiño feo” (Acuña, 1989) da selección, e pasou relativamente desapercibido en comparación coas outras dúas longametraxes que conformaron o programa... Ler máis

Número 42

30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que cada 5 anos era motivo de exposicións ou proxeccións dos filmes participantes. Unha efeméride que,... Ler máis

O AUDIOVISUAL DOS MILLENNIALS GALEGOS

Narcisistas, malcriados, egocéntricos, indiferentes e impacientes. Infantís, ninis, apolíticos, mimados. Frívolos. Insolidarios. Preguizosos. Inmaturos, materialistas e cómodos. Non comprometidos. Apáticos e irrespectuosos. Individualistas. Nados nun mundo dixital saturado de imaxes e sons. Parece que non queda nada novo por contar e por iso nadamos na mestura de referentes, de estilos e estéticas para demostrar que aínda temos un punto de vista propio. Somos fluídos,... Ler máis