HOMO HOMINI LUPUS
En toda a figura de Werner Herzog e, por suposto, no seu cinema, podemos ver un verniz constante de inutilidades en distintas selvas e territorios salvaxes que marcan os seus filmes con Klaus Kinski ata ese pingüino nihilista de Encounters at the End of The World (2008) que se aventura cara as hostís montañas Antártidas coñecendo o seu fatal destino. Neste vía crucis fúnebre sería obrigatorio o paso por algunhas estacións como a visión dura da naturaleza que nos dá... Ler máis
PHOENIX, de Christian Petzold
Nós non vimos ren en Berlín, en 1945. Non estabamos aló. Non naceramos sequera. Mais si que vimos Die Mörder sind unter uns (Wolfgang Staudte, 1946), Berlin Express (Jacques Tourneur, 1948) e Germania anno zero (Roberto Rossellini, 1948), entroutros trümmerfilm, filmes das ruínas rodados en pleno entullo da posguerra. Vimos a súa reconstrución, nada compracente, en Die Ehe der Maria Braun (Rainer Werner Fassbinder, 1979) e Europa (Lars von Trier, 1991). Vimos como volvía... Ler máis
BARBARA, de Christian Petzold
Derribar o Muro Ante a apropiación pola banda da industria de Hollywood de calquera relato relacionado coa Segunda Guerra Mundial e o nazismo para fabricar as súas grandes epopeas cinematográficas, o cinema alemán tivo que procurar o seu oco noutros períodos da historia recente. Por este motivo, a nova vaga de directores xermanos centra a súa ollada nos últimos tempos da Alemaña Oriental, unha época menos ‘aireada’ na gran pantalla, mais igual de escura e... Ler máis