O TRABALLO DIXITAL DE JAMES BENNING

Ruhr (James Benning, 2009) En The Virtual Life of Filme (2007), D.N. Rodowick puña en dúbida que o cinema dixital puidese realmente expresar ou transmitir duración do mesmo xeito que o cinema analóxico, xa que co dixital desaparece a indexicalidade da imaxe que foi garantía non só de realismo, senón do tempo no cinema. Tendo isto en conta, nun cineasta tan temporal como James Benning, que levaba toda a súa carreira traballando cunha Bólex 16mm, que supuxo o salto do analóxico... Ler máis

SOBRE O PASO DE ABBAS KIAROSTAMI POR BARCELONA

Case unha década despois da visita de Abbas Kiarostami a Barcelona con motivo da exposición ‘Erice – Kiarostami. Correspondencias’, o cineasta iraniano regresa á cidade aos seus setenta e catro anos para impartir un curso, inaugurar unha retrospectiva e pronunciar varias conferencias. Despois de arrincar en Bogotá, e con pretensión de estenderse a diferentes cidades do mundo, ‘Filmando en Barcelona con Abbas Kiarostami’ é un obradoiro práctico... Ler máis

Un canon para o cinema galego

Cales son os filmes máis relevantes da historia do cinema galego, aqueles que poden crear unha tradición, unha liñaxe, un fío que vaia unindo títulos de distintas épocas e estilos até conformar un canon do que poidamos sentirnos fachendosos? Cales son entón esas obras que espertan a nosa admiración como espectadores, e que mesmo poden servir de inspiración aos cineastas do presente e do futuro? Calquera libro de historia do cinema responderá a estas preguntas cunha... Ler máis