CINEMA EN CURSO, A ASIGNATURA NECESARIA

Hai un par de semanas, no CGAI, os alumnos de catro centros galegos proxectaban os seus traballos. Ese evento humilde, lonxe de ser o clásico acto escolar, converteuse na mostra de catro filmes con mirada propia e criterio estético, e un encontro posterior con referencias pouco comúns mais necesarias. Tratábase das pezas resultantes de Cinema en Curso, un programa de pedagoxía do cinema en escolas e institutos e que conta coa colaboración dos cineastas galegos Ángel Santos,... Ler máis

APPROACHING THE ELEPHANT, de Amanda Rose Wilder

Non pode existir a educación libre, porque se deixades a un neno ceibo non o educaredes. Gilbert Keith Chesterton A contundencia das palabras de Chesterton choca co enfoque que durante case un século foi a base dunha educación desprovista dos patróns dogmáticos e disciplinarios nos que se sustenta a educación convencional, como é o caso das escolas libertarias. Estas propoñen dar liberdade aos nenos para que expresen a súa creatividade e individualidade con actividades... Ler máis

LAS DOS ORILLAS DEL ANÁLISIS FÍLMICO

  Hay dos herejías simétricas en la crítica: 1)la aplicación objetiva a la obra de una cuadrícula crítica, un marco maestro de referencia, y 2)el considerar suficiente la afirmación del crítico de su placer o disgusto ante la obra. La primera niega el rol del gusto mientras que la segunda establece a priori la superioridad del gusto del crítico sobre el del artista. –André Bazin, 1957 Antonio Weinrichter, acompañado de Castro de Paz durante su intervención en el... Ler máis

APUNTAMENTOS SOBRE ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE NO CINEMA

O verdadeiro obxecto da educación, coma o de calquera disciplina moral, é procrear a felicidade. William Goldwing Basta unha ollada ao revelador libro Shere Hite responde a las cartas de los jóvenes sobre el sexo para comprobar que as dúbidas, preocupacións e intereses dos adolescentes respecto da sexualidade van moito máis alá das reiteradas cuestións sobre a primeira vez, o embarazo ou as enfermidades de transmisión sexual. Algunhas das cuestións que os mozos expoñen... Ler máis

CINEMA E EDUCACIÓN EN FRANCIA

Le aquí o texto na súa versión orixinal francesa Francia é aínda hoxe, indiscutiblemente e a pesar dunha recente regresión, o país onde existe a tradición máis antiga e a máis desenvolvida entre o cinema e o sistema educativo. As razóns son evidentemente históricas e políticas. É unha longa historia que se orixina na Segunda Guerra Mundial, onde os comunistas e os católicos combateron xuntos na Resistencia. Ao saír da guerra, pensaron que unha educación popular... Ler máis

CINEMA EN CURS

A EXPERIENCIA DA CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA NA ESCOLA E O INSTITUTO Cinema en curs é un proxecto de pedagoxía do cine con tres grandes obxectivos: propiciar un descubrimento do cinema polos nenos e novos, explorar as potencias pedagóxicas do cinema na escola e no instituto, e elaborar metodoloxías e propostas de transmisión do cine. Cinema en curs dá xeito a unha pedagoxía do cinema e ao mesmo tempo a unha pedagoxía co cine e a través del. É unha aposta polo cine (e... Ler máis

ENTREVISTA A MARGARITA LEDO

«DEBEMOS APRENDER A ALTERIDADE, A OUTREDADE A TRAVÉS DAS IMAXES» Margarita Ledo é unha desas persoas que sempre desafía aos seus interlocutores. Eses desafíos son sempre lances construtivos, pontes que nos levan alén dos nosos límites, fornecéndonos de coñecemento e suxeríndonos aquilo que non sabiamos como expresar. Escoitar a Margarita, daquela, ensina e axuda a pensar, e non só aos seus alumnos, que escoitan por primeira vez nas súas aulas moitos nomes de teóricos... Ler máis