Número 48

Como cada ano, a industria cinematográfica mundial asiste á súa cita ineludible na Croissette, acaparando o foco mediático e marcando a axenda do sector. Máis aló das queixas e polémicas recorrentes, tanto as referentes á programación como ás trabas técnicas ás que deben enfrontarse os asistentes na realidade pospandémica, o certo é que o Festival de Cannes segue sendo o encontro máis influínte e polarizante do mundo do cinema. Ante o seu innegable impacto prescritivo,... Ler máis

Play-Doc 2023: Imaxes ao bordo da desaparición

Hanging Out Yonkers, de Chantal Akerman Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui). A cidade fronteiriza de Tui, atravesada por movementos perpetuos — o correr do río Miño cara ao Atlántico, o fluxo de peregrinos cara a Santiago —, parece o lugar idóneo para repensar unha historia do cinema. Aí celébrase cada ano o Play-Doc, cuxa programación... Ler máis